Martes 7 Maio 2024

A Xunta avaliará cada cinco anos aos investigadores de elite que contrate

Os investigadores de elite que contrate a Xunta a través do programa Oportunius someteranse cada cinco anos a unha avaliación. Será un comité de expertos nacionais ou internacionais o encargado de valorar a este persoal, tendo en conta os resultados das súas investigacións ou a súa produción científica, pero tamén a súa capacidade para conseguir financiamento para os seus proxectos, tanto pública como privada

Estas condicións están recollidas no borrador da nova orde que fixa os baremos para avaliar a actividade destes investigadores excelentes do programa de captación de talentos, segundo publica Faro de Vigo, que sinala que esa avaliación será crucial para determinar se se lles renova o contrato ou se perciben o complemento salarial de rendemento investigador. O financiamento para os proxectos poderá ser mediante contratos con empresas ou participando en convocatorias públicas de axudas estatais ou europeas.

Publicidade

O programa Oportunius é un plan que puxo en marcha a Xunta a finais de 2014 ante a fuga de investigadores brillantes ao estranxeiro. O seu obxectivo é “captar e reter o talento innovador” . Está dirixido a aqueles científicos que xa teñan acreditado o nivel de excelencia. Para iso deben estar en posesión dunha bolsa Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC), ser investigadores novos (Starting Grants ou Consolidator Grants) ou sénior (Advanced Grants). En dous anos a Xunta fichou xa a cinco destes científicos e investiu un millón de euros, o que permitiu mobilizar fondos por outros 3,7 millóns. A súa intención, en todo caso, é conseguir captar a un total de 24 investigadores de recoñecido prestixio ata 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade detecta en 21 concellos a carracha que transmite o perigoso virus Crimea-Congo

A Xunta reforza a vixilancia pola aparición de casos no Bierzo pero sen constancia de que o patóxeno chegase a Galicia

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña