O mellor gas obtido de refugallos orgánicos

Os dixestores anaerobios convencionais concibíronse para facilitar o tratamento de residuos como lodos de depuradora ou xurros de animais, coa vantaxe adicional da obtención dunha fonte de enerxía, o biogás, e dun produto estabilizado (dixestato) aplicable como abono nos terreos. Estas instalacións están habitualmente sobredimensionadas polo que o tratamento conxunto con outros residuos (co dixestión anaerobia) permite incrementar a produción de biogás e así mellorar a rendibilidade económica das plantas.

Existe unha ampla variedade de residuos orgánicos susceptibles de ser co dixeridos cos lodos e cos xurros, como os que presentan unha fracción de materia orgánica alta e facilmente biodegradable, pero hai outros máis complexos que non poden ser tratados individualmente aínda que si poden resultar co substratos de interese.

Publicidade

Precisamente a tese presentada por Iván Rodríguez Verde, da Universidade de Santiago  de Compostela, centrouse no estudo das estratexias de co dixestión anaerobia para favorecer o tratamento de residuos orgánicos complexos procedentes de distintos sectores dentro do tecido industrial galego: correntes residuais do sector metal-mecánico, residuos agrícolas ou da industria alimentaria.

As investigacións do doutorando permitiron demostrar que o tratamento de residuos orgánicos complexos é posible mediante co dixestión anaerobia grazas á aplicación de estratexias de alimentación, pretratamentos ou mesmo estratexias de control do proceso. Do estudo concluíu ademais que se trata dunha tecnoloxía viable incluso con substratos dificilmente dixeribles.

Publicidade

Na tese validouse en planta piloto a ferramenta informática Opti_blender, desenvolvida polo grupo de investigación e patentada pola USC, que permite determinar a composición das mesturas e a optimización da operación. Os traballos realizáronse na planta de tratamento de augas residuais de A Coruña.

O traballo de investigación desenvolveuse no Grupo de Biotecnoloxía Ambiental do Departamento de Enxeñaría Química e foi dirixido polos profesores Marta Carballa Arcos e Juan M. Lema Rodicio. O tribunal que o xulgou estivo composto polo profesor da UPC Xavier Flotats, o da Universidade italiana de Verona David Bolzonella, e a profesora da USC Almudena Hospido.

Para a súa elaboración, Iván Rodríguez contou coa colaboración de centros tecnolóxicos como Aimen, EnergyLab e Cetaqua e empresas como Espina OH, Técnicas de Soft, Edar de Bens e Acolact. Como resultado da tese, publicáronse diversos artigos en revistas científicas internacionais de alto impacto así como contribucións a congresos de ámbito internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos