inspiraciencia

A Coruña acolle a entrega dos premios Inspiraciencia

O Muncyt da Coruña acolle na tarde deste venres, 30 de xuño, a entrega dos VII premios Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica organizado polo CSIC, a través da súa delegación en Cataluña, e financiado pola convocatoria de axudas da Fecyt para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación. Das 637 obras presentadas, 31 están escritas en galego (16 na categoría xuvenil e 15 na adulta).

No acto participarán a escritora Rosa Montero; a directora de Cultura Científica da Fecyt, Rosa Capeáns; o delegado do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara; e a representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Mercedes Queixas. A compañía Limiar Teatro, de Vigo, presentará o espectáculo Creando pontes, unha obra desenvolvida expresamente para o evento.

O xurado entregará oito premios e unha ou dúas mencións finalistas por cada idioma oficial (castelán, galego, catalán e euskera) e categoría (adulto e xuvenil). Amais, outorgarase o premio do público á obra máis votada na web de Inspiraciencia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.