Curso de programación sobre tarxetas gráficas no CiTIUS

Os programadores teñen unha cita no CiTIUS a vindeira semana. Entre as 12.00 e as 14.00 horas do martes 4 e o xoves 6 de xullo, o investigador Pablo Quesada conducirá unha nova edición do Programa de Formación do centro. O obxectivo é facilitar aos participantes os coñecementos necesarios para aprender a programar algoritmos en tarxetas gráficas (ou GPUs) empregando CUDA, unha plataforma de computación paralela que define a arquitectura unificada das tarxetas gráficas de NVIDIA e tamén a súa interface de programación.

Ao longo das dúas sesións os alumnos aprenderán a programar de forma conxunta CPU/GPU para enviar datos á tarxeta gráfica e procesalos en paralelo con centos de fíos, executando a mesma instrución de forma concorrente e seguindo un modelo de programación Single Program Multiple Data. Asemade veranse aspectos esenciais da arquitectura da GPU, necesarios para sacar o máximo rendemento a este hardware.

Publicidade

Para asistir é imprescindible ter coñecementos de C/C++ e levar un ordenador portátil con conexión á rede da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta pública creada dende a USC analiza a evolución dos dereitos dixitais na rede

A plataforma DigiTrack, desenvolvida polo CiTIUS, permite identificar tendencias, analizar contidos e comprender o impacto social da conversación en liña sobre liberdades fundamentais

Un equipo galego explora o potencial da IA para detectar síntomas de depresión en redes sociais

Un estudo do CiTIUS analiza automaticamente textos publicados en Internet para detectar patróns lingüísticos asociados á saúde mental

A USC e Microsoft colaboran para desenvolver modelos de Intelixencia Artificial multilingüe

O CiTIUS é unha das tres entidades coas que a compañía tecnolóxica traballará para crear modelos fundacionais de IA en galego, éuscaro e catalán

O proxecto EDIH DATAlife lanza formacións para a adopción de tecnoloxías clave en Galicia

Os primeiros cursos, que se celebrarán ata xullo, están dirixidos aos sectores da acuicultura, agroalimentario, saúde-coidados, biotecnoloxía e forestal-madeira