Martes 19 Marzo 2024

Así asolagaría o cambio climático as rías galegas

As principais cidades do mundo cambiarán moito en 2100 se o quecemento global segue ao mesmo ritmo. Unha aplicación creada pola organización científica Climate Central amosa gráficamente como o mar asolagaría grandes cidades do mundo como Nova York (Estados Unidos), Duban (Sudáfrica), Londres (Reino Unido), Sídney (Australia) ou Shangái (China). A organización busca concienciar sobre os efectos do aumento nas temperaturas en todo o mundo.

A ONU lanzou a voz de alarma: se as emisións de CO2 seguen ao ritmo actual, o Acordo de París será papel mollado e o mundo vai enfrontarse a un aumento de temperaturas de tres graos. E o impacto directo vai ser terrible nas cidades costeiras, cunha suba do nivel do mar de ata dous metros, segundo as proxeccións do Scott Polar Research Institute de Cambridge. Máis de 275 millóns de persoas veríanse “desprazadas” polas inundacións.

Publicidade

Vigo, co recheo de Bouzas e os portos asolagados.
Vigo, co recheo de Bouzas e os portos asolagados.

A mesma aplicación de Climate Central permite tamén comprobar como a subida do nivel do mar afectaría a Galicia. Abonda con poñer o nome dunha localidade costeira nesta web. E descubriremos como, para o ano 2100, Vigo podería perder o recheo de Bouzas e a praia de Samil; A Coruña quedaría sen a praia de Riazor e toda a súa franxa portuaria, chegando o mar aos Cantóns; e, na ría de Arousa, a Illa desaparecería baixo das augas xunto coa ponte que a comunica co continente.

Aínda que Climate Central é unha páxina feita por científicos, a fidelidade dos seus mapas non ten unha precisión absoluta, xa que fala de previsións. O seu obxectivo é concienciar á cidadanía sobre as consecuencias do cambio climático. Os resultados gráficos que se amosan son orientativos, pero hai datos que confirman que o nivel do mar sube en Galicia 2,5 centímetros por década dende 1960. E que a temperatura da auga  do mar nas Rías Baixas subíu case un grao (0,8ºC) nos últimos trinta anos.

A Coruña perdería o seu porto e a praia de Riazor.
A Coruña perdería o seu porto e a praia de Riazor.

Aquí podes consultar a aplicación de Climate Central

3 COMENTÁRIOS

  1. Negar a evidencia do cambio climático é absurgo, pero estas mensaxes catastrofistas só serven para darlles gasolina os pailáns de Trump ou Rajoy.

  2. Muito imprecisa a aplicação …
    Se a Ilha de Arouça desaparece apenas com uma subida de 2m, os metros esses devem ser bem medrados.

  3. O xénero humán sempre apraza as cousas máis importantes. Enleámonos por problemas que non son tais, ocupámonos con chorradas mais non enfrontamos con tempo problemas gravísimos coma o do troco climatico
    Non temos remedio!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Os osos polares, en risco de morrer de fame polo desxeo do Ártico

Un estudo demostra que as estratexias alimenticias destes animais para sobrevivir nunha contorna de terra non evitan que perdan peso