Venres 26 Abril 2024

O planeta suma 400 meses consecutivos con temperaturas máis cálidas do normal

O quecemento global é un feito. Co informe mensual da NOAA (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica) dos Estados Unidos correspondente a abril de 2018, acabamos de cumprir 400 meses consecutivos con temperaturas por riba da media. O último foi decembro de 1984. É dicir, ningunha persoa menor de 35 anos viviu un mes que fora máis frío que a media que se estableceu desde que hai rexistros.

O gráfico que representa os datos recollidos pola NOAA non deixa lugar a dúbidas. Decembro de 1984, no que as temperaturas foron de 0,1ºC por debaixo da media, xa era unha excepción, porque o anterior mes ‘frío’ fora novembro de 1976, cunha anomalía negativa de 0,05ºC.

Publicidade

Desde entón, todo foron meses cálidos. A maior temperatura superior á media rexistrouse en maio de 2016, cando os termómetros a nivel global estiveron 1,23ºC por riba. Outros seis meses chegaron a superar por riba de 1ºC a media histórica: febreiro de 2016 (1,21ºC), decembro de 2015 (1,12ºC), abril de 2016 (1,08ºC), xaneiro de 2016 (1,05ºC), marzo de 2017 (1,02ºC) e outubro de 2015 (1ºC).

Nestes últimos anos estamos a vivir, sen dúbida, os meses máis cálidos desde que existen datos. E así o confirman os datos da NOAA. Os 50 meses máis cálidos da historia concéntranse nos últimos 20 anos. E deles, 43 rexistráronse nos últimos cinco anos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia no informe europeo do clima: récords de calor, incendios e anomalías nas chuvias

O documento foi publicado este luns por ser o Día Mundial da Terra e esgrime fenómenos extremos como o "estrés térmico"

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro