Venres 26 Abril 2024

Unha tese afonda na relación entre as correntes do Atlántico e os sumidoiros de carbono

Unha tese doutoral realizada no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) avaliou o papel que ten a circulación meridional atlántica nos procesos bioxeoquímicos do Atlántico Norte e cuantificou a exportación cara ao océano profundo de carbono e osíxeno.

A investigación, realizada por Marcos Fontela (Oviedo, 1987), leva por título Transporte e balance de carbono, nutrientes e osíxeno no Atlántico Norte e realizouse no marco do proxecto de investigación “Observación bienal do carbono, acidificación, transporte e sedimentación no Atlántico Norte” (Bocats), liderado polo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) a través do Grupo de Oceanoloxía coa participación da Universidade de Vigo e Ifremer.

Publicidade

Marcos Fontela.
Marcos Fontela.

O proxecto, financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade e cofinanciado por FEDER, concluíu recentemente. Tamén se enmarca o programa de doutorado “Marine, Science and Technology” (Do Mar).

“O obxectivo principal da investigación era dar resposta a dúas grandes preguntas: Por unha banda: o desequilibrio que se produce ao aumentar os niveis de CO2 existentes na atmosfera e xerarse un exceso de carbono no océano, altera os principais ciclos biogeoxuímicos mariños? E que pasa co ciclo biolóxico do carbono?”, pregúntase Marcos Fontela.

Para dar resposta a esas cuestións expúxose un estudo integral combinando información de columna de auga e sedimentos, utilizando os datos dos que dispoñía o equipo de investigación desde 2002 ata 2016.

“Realizouse un balance completo e integrador dos fluxos de nutrientes, osíxeno e carbono que mantivese a coherencia bioxeoquímica. O fin era comprender e cuantificar o ciclo de carbono para chegar a obter unha estimación da exportación de carbono orgánico e inorgánico ao sedimento a través da avaliación dos ciclos bioxeoquímicos”, sinala Fontela.

Os resultados conclúen que o Atlántico Norte é un importante sumidoiro de carbono atmosférico

Os resultados que se obtiveron conclúen, por unha banda, que o Atlántico Norte é un importante sumidoiro de carbono atmosférico e, por outra banda, confirman que se trata dunha rexión netamente autotrófica onde a produción de materia orgánica supera á respiración.

Outro obxectivo da tese era avaliar os fluxos actuais de carbono no Atlántico Norte cara a sedimentos mariños profundos, combinando para iso técnicas de datación de alta resolución con análises xeoquímicas. “Atopamos taxas medias de sedimentación considerablemente altas nos sedimentos, o que confirma a existencia dun considerable sumidoiro de carbono nesa zona”, conclúe Marcos Fontela.

Os resultados da tese están a publicarse en revistas científicas de impacto, como Nature ou Scientific Reports. O traballo realizouse baixo a dirección Fiz Fernández Pérez, profesor de investigación del CSIC en el IIM, y de Guillermo Francés Pedraz, profesor titular de la UVigo, e o tribunal outorgoulle un sobresaínte cum laude.

Marcos Fontela é licenciado en Ciencias do Mar e Bioloxía pola UVigo (2010) e a USC (2012). Incorporouse en 2015 ao Grupo de Oceanoloxía do IIM para realizar a súa tese de doutoramento. As súas liñas de investigación abordan o ciclo do carbono e os efectos que teñen as emisións de gases antropoxénicos na química dos océanos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A reconquista da oliveira galega: “As súas características botánicas fana única no mundo”

Este venres presentouse o ‘Grupo Operativo’ do CSIC que traballa na recuperación do oliveiral tras séculos abandonado na comunidade

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia