O revelador mapa da emigración galega

Todos os anos, o Instituto Español de Estadística (INE) actualiza os datos do Padrón de españois residentes no estranxeiro. Este documento contén as inscricións de todas as persoas que posúen a nacionalidade española e residen habitualmente fóra de España. Segundo estas cifras había, a 1 de xaneiro de 2018, 2.482.808 persoas con nacionalidade española no estranxeiro. E 516.489 (o 20,8%) eran galegas, todo un símbolo do legado da emigración. Con todo, destes máis de medio millón de cidadáns, só 154.312 (menos do 30%) naceron en Galicia.

Hai 516.489 cidadáns galegos no estranxeiro, pero só 154.312 naceron en Galicia

O mapa sobre estas liñas amosa a longa herdanza das anteriores xeracións que emigraron, sobre todo a América do Sur (Arxentina, Brasil, Cuba ou Uruguay) e Europa (Suíza, Alemaña, Francia ou Reino Unido). Porén, aínda que a cifra de persoas con nacionalidade española que se inscriben en Galicia, sobre todo a efectos electorais, medrou nos últimos anos, non se corresponde en todos os casos con novos emigrantes.

Publicidade

Deste xeito, aínda que o INE subliña que 17.044 persoas censadas en Galicia se deron de alta no Padrón de residentes no estranxeiro entre xaneiro de 2017 e xaneiro de 2018, non estamos a falar dunha correspondencia directa co número de emigrantes que deixa Galicia para vivir noutro país. A lexislación outorga a nacionalidade española aos fillos de nai ou pai con pasaporte de España, algo bastante habitual nos países onde houbo un gran volume de emigración galega no pasado. Deste xeito, os países con maior subida son Arxentina (4.120 persoas), Cuba (2.332) ou Venezuela (1.257). Dentro destas cifras enmárcanse moitas das 362.177 persoas que son cidadáns galegos pero non naceron aquí e viven no estranxeiro.

Na mesma liña, obsérvase un progresivo aumento de cidadáns galegos no estranxeiro desde o 2009, primeiro ano que abranguen as series do INE.

Publicidade

En atención aos mesmos datos por comunidades autónomas, Galicia encabeza claramente esta lista, por riba doutras rexións co dobre de poboación residente, como Catalunya ou Madrid. Deste xeito, un de cada cinco persoas de nacionalidade española que reside no estranxeiro ten orixe galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Estatística a punta de balón: así calcula un investigador galego a probabilidade de vitoria no Mundial

A análise sinala que España tiña un 90% de posibilidades de vencer contra Arabia Saudita, e un 85% contra Cabo Verde

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

Un mapa de 1762 debuxa unha rede para comunicarse a través do lume na costa sur de Galicia

A creación de Alejandro Des Angles constitúe, ata o momento, a representación máis antiga coñecida dun sistema organizado de avisos costeiros mediante sinais visuais