O Ángeles Alvario en augas de Xibraltar, acosado pola patrulleira británica.

O Ángeles Alvario en augas de Xibraltar, acosado pola patrulleira británica.

A Royal Navy dispara bengalas en Xibraltar contra o ‘Ángeles Alvariño’

Incidente tamén diplomático co buque oceanográfico con base en Vigo, que realizaba unha campaña científica

O buque oceanográfico Ángeles Alvariño, con base no porto de Vigo, viviu un incidente coa Royal Navy en augas do estreito de Xibraltar, mentres realizaba unha campaña científica para o Instituto Español de Oceanografía (IEO). Unha patrulleira británica chegou a disparar bengalas de advertencia contra o barco, que foi escoltado fóra das augas que o Reino Unido considera da súa soberanía.

Kz7PU_IMG-20161120-WA0012-2

Os científicos atopábanse a bordo do barco Ángeles Alvariño nunha zona pola que litigan o Reino Unido e España. A tensión comezou o pasado venres, cando a Royal Navy advertiu por radio ao buque. A liorta foi a maiores e o HMS Sabre chegou a disparar bengalas de advertencia cara á embarcación científica.

O IEO confirmou o incidente e subliñou que “os investigadores non amosaron ningún tipo de actitude conflitiva”. Tamén advirten de que estas accións ‘son habituais‘ cando traballan nesta zona. Pero adoitan solventarse cunha advertencia das patrulleiras británicas.

O Ángeles Alvariño atopábase no transcurso dunha campaña oceanográfica “para estudar a morfoloxía e dinámica sedimentaria do Canón de Alxeciras e poder valorar así os riscos xeolóxicos asociados a esta estrutura”. A denominada campaña RIGEL_1116 arrincou o pasado venres e rematará o 25 de novembro. Nela, participan investigadores dos centros oceanográficos do IEO de Cádiz, Málaga e Madrid, así como do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), da Universidade de Salamanca, o CSIC e a Universidade de Málaga.

A presenza do buque oceanográfico nese punto de litixio débese, segundo a institución, á necesidade de tomar unhas mostras cuns parámetros concretos “que só se poden realizar nese punto”. Por iso, o IEO precisou que tentaron tomar as mostras “coa maior rapidez”.

O incidente xerou importantes reaccións. De feito, é noticia nos principais xornais do Reino Unido. E o propio ministro principal de Xibraltar, Fabián Picardo, declarou onte ao medio gibraltareño Gibraltar Chronicle que estivera en contacto toda a fin de semana co comandante das forzas británicas, Mike Walliker, debido á presenza do Ángeles Alvariño nunhas augas que considera de soberanía británica.

“Felicito á Royal Navy polo traballo que levou a cabo ata agora en circunstancias moi difíciles á luz da indiferenza imprudente para a seguridade amosada polas embarcacións oficiais españolas implicadas”, recoñeceu Picardo. O propio Ministerio de vDefensa británico considerou que a presenza do Angeles Alvariño nunhas augas que Londres reivindica como propias constitúe unha “incursión ilegal nas augas territoriais británicas de Xibraltar” e anunciou a presentación dunha protesta formal ante o Goberno español.

O ministro de Medio Ambiente de Xibraltar, John Cortés, cargou contra os científicos na súa conta de Twitter: “Ofende ver científicos sendo forzados a xogar un perigoso xogo, falsamente no nome da ciencia. Hai camiños para facer ciencia.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.