Restos atopados nas escavacións realizadas en Portugal. Imaxe: Rui Parreira.

Restos atopados nas escavacións realizadas en Portugal. Imaxe: Rui Parreira.

Galicia non padeceu as invasións do leste de Europa e de Asia na Idade de Bronce

Unha investigación da Universidade de Coímbra e do Trinity College de Dublín amosa uns cambios xenéticos mínimos nos individuos da península Ibérica

Entre o Neolítico medio (4200-3500 A.C) e a Idade de Bronce media (740-1430 A.C) o centro e o norte de Europa recibiron un fluxo masivo de persoas de Europa do leste e Asia. Segundo revelan investigacións en xacementos arqueolóxicos, estas migracións alteraron a cultura e os rituais funerarios das poboacións na península ibérica.

Agora, un equipo de investigadores do Trinity College de Dublín (Irlanda) e da Universidade de Coimbra (Portugal) realizou un estudo para pescudar se a presenza estranxeira tamén modificou a xenética dos individuos ibéricos durante este período.

No traballo, publicado na revista PLOS Genetics, os expertos secuenciaron o ADN de 14 individuos que viviron en Portugal durante o Neolítico e a Idade de Bronce para comparalo con xenomas europeos antigos e modernos.

Os achados poderían explicar a permanencia de linguas preindoeuropeas, como o eúscaro

Os resultados do estudo revelan que, en relación con outras rexións europeas, os cambios xenéticos entre as diferentes mostras son mínimos. Así, os investigadores concluíron que Galicia e o resto da península Ibérica recibiu menos migración que outras zonas de Europa naquel momento histórico. Ademais, resaltan que estas variacións foron máis pronunciadas na liñaxe paterna.

“Ao analizar a ascendencia vinculada ao cromosoma Y, transmitido só de pais a fillos, observamos unha maior discontinuidade xenética”, explicou á axencia Sinc Rui Martiniano, coautor do estudo xunto a Daniel Bradley. “Estes cambios xenéticos indican que, no Neolítico e na Idade de Bronce, podería ter migrado máis homes que mulleres á Península”, engade.

Os científicos apuntan a que as invasións na rexión ibérica producíronse a unha escala menor en comparación coas do centro e o norte de Europa. Así, este feito axuda a explicar como se espallou a linguaxe, a cultura e a tecnoloxía neste territorio.

“Os nosos achados indican que a escasa migración facía a península Ibérica aclara a permanencia de linguas preindoeuropeas na rexión, por exemplo o eúscaro“, conclúe Martiniano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.