Venres 29 Marzo 2024

Os beneficios da dieta atlántica

A esperanza de vida en Galicia entrou no selecto club dos 83 anos. Só Xapón e algunhas comunidades en España teñen tanta lonxevidade. A alimentación é unha das razóns. E o proxecto de investigación Galiat 6+7 ten comprobado as virtudes da chamada dieta atlántica, que en GCiencia recollemos na nosa reportaxe audiovisual da serie Ciencia en Vivo.

A dieta atlántica diminúe o colesterol e contribúe a rebaixar o adiposisade e o peso das persoas. Para chegar a esta conclusión, o grupo GALIAT 6 + 7, formado por seis empresas e sete grupos de investigación, realizou un experimento con 231 familias e un total de 656 persoas. Dividiunas en dous grupos para sometelas durante seis meses a dous modelos alimenticios distintos, e a conclusión foi clara: a significativa diminución do colesterol.

Publicidade

Galiat 6 + 7 presentou o ensaio clínico pioneiro en I+D+i, realizado en colaboración co Hospital Clínico de Santiago. As familias participantes, todas elas do concello da Estrada, dividíronse en dous grupos. A un, de 125 familias, induciúselle ao consumo de produtos das empresas do consorio, con produtos como os mexillóns, as brásicas, os lácteos galegos, ou o viño con moderación, entre outros. Outras 125 familias actuaron como control, sen intervención nutricional, pero cos mismos controis clínicos e analíticos. Remataron o experimento 213 unidades familiares.

Os resultados demostraron que a chamada dieta atlántica é saudable, en pé de igualade coa xa máis popular dieta mediterránea. Como nos contan na nosa reportaxe audiovisual da serie Ciencia en Vivo.

Máis información:

‘Grelos e verzas contra o cancro e o envellecemento’

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Un proxecto galego impulsa a sustentabilidade do sistema alimentario a través da IA

O proxecto no que participan USC e UVigo acometerá a crise do sector co apoio do Programa Marco ‘Horizonte Europa’