Agradecementos: D. Padgett (GSFC), T. Megeath (University of Toledo), B. Reipurth (University of Hawaii)
Explicación: isto ben podería semellarse a unha espada láser de dobre folla, pero estes dous chorros cósmicos realmente proceden dunha estrela recén nada nunha galaxia achegada a ti. Esta escena espectacular, construída a partires de datos do Telescopio Espacial Hubble, abarca máis ou menos medio ano luz ao través de Herbig-Haro 24 (HH 24), a uns 1.300 anos luz de distancia na gardería estelar do complexo de nubes moleculares Orión B. A protoestrela central HH 24, agochada da visión directa, está arrodeada por po frío e gas aplanado nun disco de acreción en rotación. Cando o material do disco cae cara o novo obxecto estelar arrequece. Os chorros opostos son disparados ao exterior ao longo do eixo de rotación do sistema. Os potentes chorros, que cortan o material interestelar da rexión, producen unha serie de frontes de choque brillantes ao longo do seu camiño.
Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
Queres recibir o noso boletín diario coas noticias de Gciencia?
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoNonPolítica de Privacidade