O mellor do ceo nocturno: de marzo a maio

Créditos da ilustración e copyright: Universe2go.com
Créditos da ilustración e copyright: Universe2go.com

Explicación: que poderías ver no ceo nocturno durante os vindeiros meses? O gráfico publicado indica algunhas cousas destacables. Visto coma un reloxo centrado na parte inferior, os eventos celestes de marzo ábrense cara á esquerda, os de abril na parte superior e os de maio cara á dereita. Os obxectos relativamente achegados á Terra ilústranse, en xeral, máis preto do personaxe inferior co telescopio; aínda que case todo o que se representa pode verse sen un telescopio. O máis salientable do ceo desta estación inclúe un brillante Venus no ceo do serán durante marzo, a chuvia de meteoros das líridas durante abril e Xúpiter entrando no ceo tralo solpor durante maio. Como noutros meses, a Estación Espacial Internacional (ISS) pode atoparse ás veces vagando polo teu ceo se sabes cando e onde mirar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo