cholera_bacteria_sem-e1422403769748

Que estea en Internet non significa que sexa fiable

Hoxe chamoume a atención un artigo que publicaban nunha páxina de facebook dunha clínica dental.

Lin a maior parte del por riba porque non teño coñecementos específicos de moitas das cousas que nel hai, e tería que procuralos, mas non encontrar referencias a fontes para o que nel se afirma fíxome sospeitar. Así que me centrei nun dos apartados que falaba de conceitos dos que máis coñezo (os procesos de eliminación de bacterias do leite) por ter traballado no laboractorio de lácteos da Escola Superior de Coimbra, ademáis da miña tórrida relación con varias cepas de bacterias nos dous anos de doutoramento.

Indo ao grao: este parágrafo é totalmente incorrecto:

3.- La leche animal esta llena de bacteria. Por lo tanto es un excelente medio para hacer que las bacterias crezcan en el cuerpo. Es por esto que los niños que no toman leche animal o productos lácteos de procedencia animal, no se enferman tan seguido, sufren de menos caries y de infecciones de oído. La pasteurización utilizada por la industria de la leche generalmente dura 15 segundos. Sin embargo, para que las bacterias malas de la leche se inactiven, es necesario que el proceso dure por lo menos 15 minutos.

Son consciente da dificuldade que é atopar información fiable. Eu mesma, con experiencia investigadora, fóra da faculdade, teño moitos problemas para acceder a ela porque os artigos están en revistas especializadas que non son libres. Como podemos apreciar na figura 1, acceder a un artigo (normalmente están en inglés) durante dous días cústanos seis euros. Pois xa temos seis euros, se cadra o artigo non fala de todo o que queremos, e por riba, está en inglés.

captura-de-ecrc3a3-de-2015-03-23-214752

Vamos simplemente traducir o resumo deste artigo para non pagar os seis euros, atopado no https://scholar.google.com/ a ver que nos di que nos poida afirmar ou contrarestar a información dada neste parágrafo (1)

O leite de vaca é considerado como un alimento básico en moitas dietas, e é rica nunha variedade de nutrintes esenciais. Coas ferramentas avanzadas de investigación, analíticas, bioquímicas, e de bioloxía celular a presenza de muitos compoñentes minoritarios con actividade biolóxica foron demostradas. Técnicas de separación na industria láctea e a tecnoloxía encimática deron a opotunidade de isolar, concentrar ou modificar estes compoñentes para que a súa aplicación en comidas, complementos dietéticos, nutricionais e comidas medicinais converíronse en posibles.

Coa secuencia de aminoácidos dunha dieta proteínica, foron localizados péptidos con actividade biolóxica específica. Os péptidos da caseina podes ser utilizados para aumentar a solubilidade de minerais tales como o calcio e o zinc- e polo tanto incrementar a biodisponiblidade dests minerais- ou reducir a actividade da encima anxiotensina, que está relacionada na vasoconstricción e polo tanto, na presión arterial. As inmonuglobulinas de vacas vacinadas poden ser consideradas como antimicrobianas con mellor funcionamento que outros antibióticos sintéticos. A lactoferrina é un exemplo de unha proteína menor que foi estudada en gran detalle: cada vez está máis claro que é important para a defensa contra bacterias, fungos e virus. Os oligosacáridos, glicolípidos conteñen residuos de ácido siálico que poden ser antiinfecciosos.

Ben, vai máis de vinte minutos de traballo e conseguimos saber sobre o leite de vaca que parece bastante beneficiosa a priori, non?. Ademais, temos unha evidencia de que é totalmente contrario ao que di nas primeiras tres liñas.

Agora queda desmontar as seguintes tres liñas con información fiable, esto é, con artigos científicos e citando cales, para que se vexa que non hai manipulación da información.

Seguimos coa pesquisa: ver figura 2.

Captura-de-ecrã-de-2015-03-23-222242

Parece que o terceiro é interesante, imos aló. É un xornal de medicina de 1943. Vaia por deus, as técnicas analíticas de contaxe de bacterias na altura, daban aos médic@s para desconfiar da pasteurización. Mais pasaron 60 anos e un desenvolvimento da ciencia brutal. Imos ver o seguinte.

captura-de-ecrc3a3-de-2015-03-23-223004

Traduzamos:

Nosoutros determinamos o tempo que lle leva ao leite, que é quentado de 60 graos Farenheit a 150 graos Farenheit para adquirir a pasteurización e comparámolos cos resultados da pasteurización estandard de quecemento do leite a 150 F durante 30 minutos. En vez de cuantificar directamente a poboación de bacterias, conisderamos a concentración de bacteria en relación coa cantidade de leite variando a temperatura e a temperatura constante. Despois deducimos por ecuacións a concentración final onde non se é capaz de atopar unha solución analítica, así que utlizamos técnicas numéricas para as cuantificar.

Ou sexa: que as bacterias se poden medir. Como enxeñeira química con coñecementos de enxeñería alimentar, alén de como persoa que se informa de como funciona o seu estado, sei que os estados e a UE son quen regulan as especificación técnicas e procedementos a seguir para que un producto sexa apto para o consumo.

Oh, sorpresa, aparece un Real Decreto 1679/1994 por el que se establece que las condiciones sanitarias aplicables a la producción y comercialización de leche cruda, leche tratada térmicamente y productos lácteos.

Si, un Real Decreto que hai que ler… para rebatir unha afirmación de tres liñas!!

Captura-de-ecrã-de-2015-03-23-225519

E aínda por cima, esta está derogada!! O que quere dicir que se actualizou e seguramente que se axustou á actualización das técnicas.

Así, creo que queda suficientemente xustificado que non porque estexa en internet, algo é verdade. Os artigos deben ter referencias e estar publicados en revistas onde pasan pola revisión de pares -expertos na materia- para ver se existe algún erro. Sobre todo, deben ter a referencia do artigo específico de onde é sacada a información para que a xente que queira o lea e saque as súas propias conclusións.

A verdade, agora si que vou falar de memoria -así que por favor expert@s rebatídeme se me equivoco-, da investigación do meu proxecto de fin de carreira Ultrafiltración e Microfiltración do Lactoroso Bovino e implementación nunha planta piloto así como dos coñecementos adquiridos nas materias de enxeñería bioquímica, bioloxía, cinética química:

  • O leite non está «cheo de bacteria». O leite, de seu, é un produto razoabelmente estéril no momento en que se forma nas glándulas mamarias. Mais pola sua riqueza en proteínas e auga é un medio propenso para que estas medren nel se se contamina no proceso de extracción e por iso deben ser eliminadas as bacterias que medran para que non se reproduzan no interior do leite.
  • As bacterias non medran no interior dos corpos das crianzas por comer queixo. As bacterias ‘en xeral’ están por todos os lados, nas nosas mans, no aire, nos ríos…etc. Temos moitas bacterias que medran no noso corpo sendo estas beneficiosas para nós. Referíndonos a este caso, sí que existen bacterias patóxenas asociadas a alimentos, mas como se deixamos os macarróns muitos días e os comemos ‘malos’. Ese ‘malos‘ refírese a que con o tempo se depositaron‘sementes’ de bacterias nos alimentos e medraron. As temperaturas medias fan con que ese proceso aumente con facilidade. Mas iso pode pasar co leite, co pan, coa carne, e como todos sabedes, especialmente cos productos derivados do ovo no verán.
  • Nos procesos de pasteurización e similares, a variábel crítica é a temperatura –que determina as condicións en que poden sobrevivir a maioria dos organismos, incluídas persoas e bacterias–. Así, estes procesos consisten básicamente en aplicar calor para eliminar patóxenos, e teñen sido desenvolvidos e mellorados desde o século XVIII e que toma o nome do cientista francés Louis Pasteur xa que foi o que o optimizou. O proceso UHT –é dicir, aultrapasteurización, utilizada na maioria do leite que compramos– dura só dous segundos mais acada temperaturas ao redor dos 138 ºC. As bacterias que poderían ficar despois de este proceso, un número ínfimo, están controladas por lei e siguen estritos controis sanitarios.

En fin, é como dicir que Lisboa é a capital do Reino Unido. Pero investigaremos máis sobre o marabilloso mundo das bacterias! 🙂

Referencias:

JAN M STEIJNS Centre of Expertise for Nutrition, Campina Melkunie/ DMV International, PO Box 16, 6700 AA Wageningen, Netherland

Barbosa Alzate, Alejandro (2010) “Pasteurization of Milk,” Undergraduate Journal of Mathematical Modeling: One + Two: Vol. 2: Iss. 2, Article 1. DOI:http://dx.doi.org/10.5038/2326-3652.2.2.1 Available at:http://scholarcommons.usf.edu/ujmm/vol2/iss2/1

 

3 respostas a “Que estea en Internet non significa que sexa fiable

  1. Na primeira traducción do inglés pon “A vaca do leite” e debería poñer “o leite da vaca” (Cow’s milk).
    Na segunda traducción, creo que debería poñer “Nos” en lugar de “Nosoutros”.

    Saúdos e grazas polo esforzo de desmentir bulos na internet. Pode ser o novo campo de batalla contra a ignorancia …

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.