Venres 26 Abril 2024

O sistema planetario Kepler-90

Créditos da ilustración: NASA Ames, Wendy Stenzel
Créditos da ilustración: NASA Ames, Wendy Stenzel

Explicación: hai sistemas planetarios coma o noso noutras estrelas? Si; un deses sistemas é Kepler-90. Catalogado polo satélite Kepler en órbita, descubriuse un oitavo planeta dándolle a Kepler-90 o mesmo número de planetas coñecidos có noso Sistema Solar. As semellanzas entre Kepler-90 e o noso sistema inclúen unha estrela de tipo Gcomparable ao noso Sol, planetas rochosos comparables á nosa Terra e planetas grandes comparables en tamaño a Xúpiter e Saturno. As diferencias inclúen que todos los planetas coñecidos de Kepler-90 orbitan relativamente preto, máis preto que a órbita da Terra ao redor do Sol, facendo que sexan demasiado cálidos para albergar vida. Porén, as observacións durante periodos longos de tempo poida que descubran planetas máis fríos e lonxe. Kepler-90 atópase a uns 2 500 anos luz de distancia e cunha magnitude 14 é visible cun telescopio de tamaño medio cara a constelación do Dragón (Draco). As misións para atopar exoplanetas planificadas para ser lanzadas na vindeira década inclúen a TESSJWSTWFIRST e PLATO.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón