[VÍDEO] A danza de luz dos golfiños que brillan mentres nadan

O fotógrafo californiano Patrick Coyne gravou esta manda de golfiños bailando en augas bioluminiscentes. E publicou en redes sociais que foi a noite máis máxica da súa vida.

Coyne gravaba na escuridade na costa de Newport en California e foi sorprendido por este espectáculo da natureza. “Primeiro vimos dous e uns minutos máis tarde fomos recibidos por algúns máis, o cal foi unha tolemia. Non é doado procesar unha imaxe así”, escribiu con emoción en Instagram.

O vídeo de Coyne deu a volta ao mundo porque non é doado obter estas imaxes. Nas rexións costeiras, a bioluminiscencia é causada por organismos microscópicos chamados dinoflaxelados . Estas pequenas criaturas mariñas son membros da familia do plancto e son bastante sensibles ao movemento de calquera tipo.

Tanto é así, que cando son empuxados ou picados por un depredador, cada cela emite un escintileo de luz que dura ata 100 milisegundos, case como unha alarma antirrobo. Se hai unha chea de algas concentradas xuntas, como acontece no vídeo de Coyne, un xiro da aleta pode producir un gran espectáculo.

Os dinoflaxelados producen dous produtos químicos que crean unha reacción brillante cando se asustan. Estes son a encima luciferasa e o composto luciferina, e xuntos causan que os dinoflaxelados corusquen pola noite cando son alterados mecanicamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.