Así ‘soa’ a Terra cando é sacudida por unha tormenta solar

Traducen por primeira vez o son que provocan as ondas electromagnéticas dunha tormenta cando chegan á rexión de contacto coa magnetosfera

No espazo non se escoita nada, porque o son non pode propagarse no baleiro. Pero si é posible interpretar as ondas doutra forma, a traves da medición da actividade electromagnética. Eso é o que fixo un equipo de investigadores que, por primeira vez, puido reproducir como impacta a sacudida dunha tormenta solar sobre a magnetosfera da Terra.

Esta capa protexe ao noso planeta das fortes radiacións que emite o Sol, e esta interacción provoca, entre outros fenómenos, as fascinantes auroras polares. A estrela emite constantemente nubes de partículas cargadas debido ás erupcións que teñen lugar na súa superficie. Cando viaxan cara a Terra, estas nubes poden causar unha enorme sacudida, interrumpindo ás veces as comunicacións cos satélites e outros aparellos enviados polo ser humano ao espazo.

Mediante o uso das naves da misión Cluster, o equipo, composto por investigadores de Finlandia, Países Baixos, Francia, Austria e Reino Unido, estudou as modificacións que as tormentas solares provocan na rexión do espazo previa á magnetosfera, contra a que rebotan as ondas procedentes do sol. O estudo, ademais de traducir as ondas electromagnéticas en son, demostra, en palabras dos investigadores, “que as tormentas solares modifican profundamente esta rexión de choque e, deste xeito, xérase unha complexa actividade das ondas”.

En momentos tranquilos, cando ningunha tormenta solar golpea a Terra,o son é moi baixo e menos complexo, cunha única frecuencia que domina a oscilación. Porén, cando unha sacudida solar golpea esta rexión próxima á magnetosfera, a frecuencia chega a duplicarse.

Para a investigación especial é moi relevante comprender o movemento das tormentas solares, debido aos potenciais efectos que podería ter nun mundo cada vez máis dependente dos sistemas que se moven polo espazo. Neste sentido, a misión Solar Orbiter da Axencia Espacial Europea, programada para ser lanzada en febreiro de 2020, contribuirá a mellorar este coñecemento.


Referencia: (en PDF) First Observations of the Disruption of the Earth’sForeshock Wave Field During Magnetic Clouds (Publicado en Geophysical Research Letters).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.