Sábado 27 Abril 2024

Mil millóns de anos de placas tectónicas movéndose en 40 segundos

Esta animación en vídeo amosa como a terra firme está a moverse á mesma velocidade á que medran as nosas unllas

Mil millóns de anos de movemento das placas tectónicas do planeta Terra resumidos en 40 segundos nunha espectacular recreación audiovisual.

As placas tectónicas, que cobren a Terra como un crebacabezas, móvense tan rápido como medran as nosas unllas, pero no transcurso de mil millóns de anos iso é dabondo para viaxar por todo o planeta, como amosa este novo vídeo, no que os científicos condensaron en 40 segundos o xeito como esas laxas xigantes de rocha interactuaron ao longo do tempo.

Publicidade

A medida que se moven, as placas afectan o clima, os patróns das mareas, os movementos dos animais e a súa evolución, a actividade volcánica, a produción de metais e máis: son máis que unha mera cuberta para o planeta, son un sistema de soporte vital que afecta todo o que habita na superficie.

“Por primeira vez construíuse un modelo completo de tectónica, incluídos todos os límites”, dixo o xeocientífico Michael Tetley, da Universidade de Sydney .

“Nunha escala de tempo humana, as cousas móvense en centímetros por ano, pero como podemos ver na animación, os continentes estiveron en todas partes ao longo do tempo. Un lugar como a Antártida que vemos hoxe como frío, xeado e inhóspito, en realidade algunha vez foi un bo destino de vacacións no ecuador”, chanceou Tetley.

“Nunha escala de tempo humana, as cousas móvense en centímetros por ano, pero os continentes estiveron en todas partes”

O movemento das placas estímase mediante o estudo do rexistro xeolóxico: o magnetismo que proporciona datos sobre as posicións históricas dos substratos con respecto ao eixo de rotación da Terra e os tipos de material pechados en mostras de rochas que axudan a unir as pezas de crebacabezas de placas xeolóxicas do pasado.

“O planeta Terra é incriblemente dinámico, coa superficie composta por placas que se empuxan constantemente entre si dun xeito único entre os planetas rochosos coñecidos”, di o xeocientífico Sabin Zahirovic, da Universidade de Sydney.

“Estas placas móvense á mesma velocidade de crecemento das nosas unllas, pero cando contamos mil millóns de anos condensados en 40 segundos, asistimos a unha danza fascinante. Os océanos ábrense e péchanse, os continentes dispérsanse e van facendo combinacións periodicamente para formar inmensos supercontinentes“, dixo Zahirovic na presentación do vídeo.

Canto máis afondan os científicos no pasado, máis difícil é estimar como se moveron as placas e, neste caso, as eras do Neoproterozoico ao Cámbrico (fai de 1.000 a 520 millóns de anos) foron os que tiveron máis dificultades para os autores desta impresionante animación.

A investigación publicouse en Earth- Science Reviews

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cabo Ortegal é declarado Xeoparque Mundial da Unesco

A denominación pon en valor o enclave dende o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural, con rochas de máis de 400 millóns de anos

Achados casualmente fósiles de hai 480 millóns de anos no Xeoparque do Cabo Ortegal

Pénsase que pertencen aos crinoideos, que hoxe se coñecen vulgarmente como lirios de mar

Lixo espacial sobre a túa cabeza? Esta aplicación permite detectalo en tempo real

Unha ferramenta deseñada pola empresa estadounidense Esri e baseada en tecnoloxía...

O enxeñeiro Schulz e o primeiro mapa xeolóxico de Galicia

O xeólogo alemán trazou o Mapa Petrográfico do Reino de Galicia en 1834, o primeiro de España