Sábado 20 Abril 2024

Así se ve o SARS-CoV-2 en 3D e con máis detalle ca nunca

O estudio Visual Science creou, a partir das investigacións realizadas arredor do virus, unha animación e un modelo que amosa a súa estrutura

O SARS-CoV-2 pasará á historia como a minúscula partícula, dunha milésima parte do ancho dun cabelo humano, capaz de cambiar o mundo. Saltando de persoa a persoa, desde que se rexistrou a primeira transmisión a humanos a finais de 2019 na provincia chinesa de Hubei, infectou a polo menos cinco millóns de seres humanos (todo apunta a que a cifra real multiplica varias veces este valor) e causou a morte dun mínimo de 320.000. Pero ata agora foi difícil velo tan en detalle: o estudio Visual Science difundiu a pasada semana o modelo en tres dimensións máis detallado do SARS-CoV-2.

O traballo, que contou co asesoramento de virólogos e inmunólogos de varios centros de investigación, achega a escala atómica algúns dos detalles máis salientables desta partícula. Coas últimas achegas no estudo dos coronavirus, e co uso de técnicas de bioinformática moi precisas, as imaxes fan un percorrido no que se poden ver as súas particulares espículas (razón pola que esta familia de patóxenos recibe o alcume de coronavirus), o código xenético en forma de ARN que alberga no seu interior, así como a interacción cos anticorpos que o organismo xera para combatelo.

Publicidade

O modelo do novo coronavirus sucede a outros traballos realizados polo mesmo estudo sobre o VIH, a gripe A, o ébola ou o zika. Para destacar as diferentes partes da partícula, a animación amósaa en distintas cores que non se corresponden coa realidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un xigantesco mapa 3D dá a medida máis precisa da expansión do universo

O instrumento DESI cartografa galaxias e cuásares e mide a velocidade de crecemento do cosmos hai entre 8.000 e 11.000 millóns de anos

Máis alá dos videoxogos: o uso das imaxes creadas con IA

O investigador do CITIC José Antonio Iglesias Guitián analiza no oitavo episodio de O Descodificador as vantaxas e inconvenientes da xeración sintética de gráficos por ordenador

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios