Pontevedra gaña o premio da Unión Europea de mobilidade sostible

A comisaria europea de Transportes louba a política de seguridade viaria da capital do Lérez e o xurado declárase "impresionado" co seu modelo

O Concello de Pontevedra volve gañar un premio internacional pola súa política de mobilidade que prima ao peón sobre o vehículo privado. Agora, é a Unión Europea a que recoñece este modelo co Premio Europeo de Mobilidade, na categoría de Seguridade Viaria Urbana, nunha final na que se impuxo a outras dúas candidatas, as  idades de Jaworzno, en Polonia, e de Ordu, en Turquía.

O xurado europeo, presidido pola comisaria de transportes, Adina Vălean, salientou que Pontevedra reduciu as mortes nas rúas e estradas da cidade “de maneira consistente dende 1999, logrando dun xeito impresionante cero mortes na estrada entre 2011 e 2018”.

Publicidade

O premio enumera “unha serie de medidas garanten que a seguridade e a sustentabilidade van da man. A cidade utilizou unha estratexia de vixilancia clara e coidadosa para identificar que políticas son efectivas e cales deben actualizarse, o que resulta nunha maior mobilidade activa, como camiñar e andar en bicicleta: en Pontevedra, o 80% dos nenos de 6 a 12 anos camiñan sós á escola”.

“O xurado quedou impresionado polo uso de Pontevedra dunha ampla gama de medidas, incluída a redución dos límites de velocidade a 10-30 km / e a creación de máis espazos públicos que son atractivos para os peóns”, concluiu o xurado.

Publicidade

Os outros galardoados europeos foron as cidades de Kruševac (Serbia), como gañadora do Premio European Mobility Week, con Karditsa (Grecia) que levou o premio aos municipios máis pequenos. Tamén foi recoñecida a Rexión de Bruxelas Capital (Bélxica), nun cuarteto que remata Pontevedra, como Premio de Seguridade Viaria Urbana da UE.

A comisaria Adina Vălean dixo ao presentar a resolución: “Gustaríame estender a miña sincera felicitación ás cidades gañadoras: as súas accións son exemplos poderosos que ilustran o papel principal que os líderes locais poden desempeñar para facer que as nosas cidades sexan máis limpas, seguras e sostibles. Espero que isto sirva de inspiración para os pobos e cidades que están a reconsiderar as súas estratexias de mobilidade, especialmente por mor da pandemia actual ”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro