Venres 19 Abril 2024

A primavera do lobo na Costa da Morte

Un traballo do veterinario e naturalista Francisco Javier Lema recolle imaxes do "Canis lupus" por montes desta rexión de Galicia

Desde hai máis de 20 anos, o veterinario e naturalista Francisco Javier Lema percorre os montes da Costa da Morte e zonas próximas da provincia da Coruña á procura de imaxe do Canis lupus, o lobo, unha especie perseguida e que atopa numerosas dificultades para vivir en liberdade en Galicia.

E acaba de publicar na canle “De naturae“, en Youtube, unha peza de case 13 minutos na que compila as imaxes tomadas durante os seus últimos anos de avistamentos de lobo. Alén dunha profunda descrición do ciclo vital e a ecoloxía da especie, Lema tamén introduce outras especies de aves e flores que agroman durante esta época nos montes da Costa da Morte.

Publicidade

“A poboación do lobo estase mantendo, polo menos na zona na que me movo. Pero é difícil dicilo porque non hai estudos que poidan determinar con exactitude o tamaño das poboacións”, explica Lema Fuentes. É un equilibrio complicado, segundo recoñece, debido aos problemas cos ataques ao gando que provocan actuacións furtivas nos gandeiros e cazadores da zona.

No vídeo, o documental describe comportamentos como a demarcación do territorio, o crecemento dos lobetos, a cópula, que adoitan realizar na primavera, ou os movementos migratorios das manadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Non son medusas: estes son os animais que apareceron nas praias da Costa da Morte e do Morrazo

A principal hipótese atribúe o varamento masivo de veleiriños ás correntes e fortes ventos provocados pola borrasca Nelson

“O lobo é patrimonio de todos como o é a catedral de Santiago”

O investigador do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, cualifica de “mala noticia” a revisión do status de protección da UE

A carabela portuguesa invade as praias da Coruña: como actuar se che pica?

Na Costa da Morte tamén aparecen exemplares de 'Pelagia noctiluca', unha medusa luminiscente cunha picadura moi urticante

Onde ver o mar de ardora? Estas son as mellores praias da Costa da Morte

O fenómeno de bioluminiscencia deixouse ver nas últimas semanas con todo o seu esplendor nos areais de Estorde (Cee) e Carnota