As tres universidades galegas, entre as 16 mellores de España

A revista Forbes sitúa a USC no primeiro posto da súa lista anual, a da Coruña no décimo e a de UVigo no décimo sexto lugar

A Universidade de Santiago foi nomeada como a mellor das 25 universidades españolas polo baixo prezo dos seus créditos e a gran inversión anual en investigación. Fonte: USC.gal
A Universidade de Santiago foi nomeada como a mellor das 25 universidades españolas polo baixo prezo dos seus créditos e a gran inversión anual en investigación. Fonte: USC.gal

A revista Forbes publicou recentemente a lista das 25 universidades mellor cualificadas de España deste ano 2022, entre as que se atopan as tres universidades públicas galegas: Universidade de Santiago (USC), en primeiro posto, a Universidade da Coruña (UDC), na décima posición, e a Universidade de Vigo (UVigo), no número dezaseis da lista. A oferta educativa, a calidade do profesorado, a excelencia da ensinanza e as probabilidades de inserción laboral tras finalizar os estudos, foron os criterios de avaliación que seguiron os expertos para situar os centros nos distintos postos desta lista. O formulario enviado ás universidades españolas, públicas e privadas, conta con máis de 50 preguntas divididas en cinco bloques, que responden a distintos aspectos da experiencia universitaria.

Excelencia para a educación e investigación universitaria galega

Este ano, a USC levou a medalla de ouro. No primeiro posto, destaca por ser unha institución pluricentenaria con “vocación de futuro e capacidade de proxección internacional” e por ser considerada como referente académico pola súa labor docente e investigadora. A alta puntuación tamén foi dada pola cantidade de instalacións das que dispón: entre os campus de Santiago e Lugo, conta con cerca de 30 centros, 80 departamentos e numerosos institutos de investigación, residencias universitarias e instalacións deportivas. Ademais, a USC actualmente ofrece 66 graos oficias, 83 másteres, 57 programas de doctorado e 15 másteres propios, con clases adaptadas á semipresencialidade imposta pola covid. Por último, destacaron o baixo custo dos créditos e o seu gran investimento anual en investigación, que rolda os 56 millóns.

No décimo posto atópase a UDC. Un dos aspectos máis relevantes da institución galega foron os plans de estudos que oferta, xa que están en continúa evolución “para adaptarse ás necesidades da sociedade”, segundo indica Forbes. A UDC conta co campus da Coruña e o de Ferrol e os seus alumnos universitarios poden acceder a graos, dobres graos e estudos internacionais, docencia en inglés, másteres e programas de doutoramento, estudos propios e por último, a Universidade Sénior. Sobre todo, destacan a súa accesibilidade, prezo, calidade docente e a colocación en empresas, cunha porcentaxe de inserción laboral do 70%. Ademais, é relevante o feito de que a universidade conte cun profesor por cada dez alumnos. Como referentes que estudaron na UDC resaltan a Óscar Maceiras, conselleiro delegado de Inditex; Héctor Gómez, premio Princesa de Girona de investigación ou Yolanda Castaño, poeta en lingua galega.

Por último está a UVigo, no posto 16 da lista. Neste caso, trátase dunha institución que conta con tres campus, situados en Vigo, Pontevedra e Ourense. Forbes indica que, dende o seu nacemento en 1990, posicionouse como referente para a formación e a innovación non só en Galicia, senón a nivel nacional e internacional. Destacan a súa especialización, na que os alumnos poden estudar titulacións de grao, dobles graos, másteres e programas de doutoramento nunha trintena de centros destinados para a formación e a investigación. Ademais, gañou puntos pola súa responsabilidade social, como peza central da modernización, e a súa sustentabilidade económica, social e ambiental. Ten tamén relevancia que o 70% das horas lectivas son destinadas a clases prácticas, polo que hai unha boa preparación para a vida laboral e para a investigación. Na UVigo estudaron personalidades destacadas como Ledicia Costas, escritora; David Amor, actor; Diego Nodar, enxeñeiro; Bibiana Rodiño, enxeñeira e Alba Aguión, bióloga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.