Venres 19 Abril 2024

Un chip galego para encriptar e protexer información na rede

Francisco Díaz, investigador en atlanTTic, é o creador deste novidoso sistema que tamén poderá ser utilizado en medicina, estatística e industria

O investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic), Francisco Díaz Otero, vén de lograr a patente dun chip xerador cuántico de números aleatorios que poderá empregarse para encriptar e protexer información en internet, entre outros usos.

En Europa só existe outro chip con funcións similares a este, aínda que o deseñado por Díaz, que forma parte do grupo COM (Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas), é máis sinxelo e seguro.

Publicidade

Aplicacións

Este chip poderá ser utilizado en simulacións médicas, estatísticas ou industriais que necesiten estes métodos, así como en loterías e apostas. A gran novidade do sistema ideado por Díaz é a incorporación da mecánica cuántica para xerar números aleatorios puros.

A día de hoxe son diversas as industrias que utilizan simulacións de modelos con números aleatorios, dende a loxística ata a mecánica, pasando polas animacións por ordenador e a farmacoloxía e análise de mostras. Ademais, este chip, que mide catro por seis milímetros, poderá ser patentado a partir da avaliación internacional en calquera país do mundo.

Currículo

Francisco Díaz é profesor de sinal e comunicacións ópticas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, ademais de ser un dos investigadores promotores do Center for Quantum Comunications Technology (QCTech), un laboratorio especializado en comunicacións cuánticas e fotónica que se porá en marcha en Vigo nos próximos meses.

Así mesmo, Díaz Otero é tamén promotor de SPARC (Semiconductor InP Foundry and Advanced Research Centre), a futura fábrica e centro de I+D de Vigo especializada en semiconductores fotónicos e que conta co respaldo da Zona Franca de Vigo. Estas dúas infraestruturas colocarán a Vigo á vangarda en tecnoloxías de futuro das que se beneficiarán no só empresas senón a sociedade galega no seu conxunto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como rexistrar a túa marca? Este proxecto de atlanTTic axudará a resolver as túas dúbidas

Unha ferramenta baseada na intelixencia artificial filtrará a sección de preguntas frecuentes sobre propiedade intelectual dun organismo da Unión Europea

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Tecnoloxía personalizada para o rural: “Se unha persoa maior se perde, o seu veciño pode saber onde está”

Un equipo de atlanTTic investiga a viabilidade de prestar servizos dixitais nas aldeas sen cobertura adaptados ás necesidades dos seus habitantes

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura