Down Galicia e USC acordan impulsar proxectos de I+D e formación

O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron este mércores no edificio do Reitorado un convenio de colaboración que busca estreitar as súas relacións, xuntar esforzos e establecer normas amplas de actuación que canalicen e incrementen os seus contactos e colaboracións.

O obxectivo do convenio é establecer un marco de colaboración entre a USC, en especial coa Facultade de Medicina e Odontoloxía, pero sen excluír outros centros, departamentos e servizos da Universidade, e Down Galicia en actividades culturais, científicas, pedagóxicas, de investigación e outras que sexan de interese para as dúas partes.

Publicidade

As colaboracións traduciranse en proxectos e programas de I+D; a través da cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico; do asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade das dúas entidades; e da organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico, entre outras.

Unha colaboración que estende a xa existente entre esta entidade e USC, no marco dun importante estudo sobre saúde oral. A investigación, dirixida polo catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz, está centrada en evitar a aparición e/ou o avance da carie e da piorrea nas persoas coa síndrome de Down e na poboación en xeral. O traballo afonda na posibilidade de que as persoas coa síndrome de Down teñen unha bacteria na boca que axuda a previr a caries, polo que, de confirmarse esta hipótese, permitiría establecer as bases dun tratamento do que se beneficiaría toda a poboación.

Publicidade

Down Galicia ten como finalidade xeral coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro cara a mellora da calidade de vida de cada persoa con esta doenza e con discapacidade intelectual e das súas familias, a través da plena inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade. Na actualidade confórmana as entidades de Down de Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense, Pontevedra ‘Xuntos’, Teima de Ferrol e Fundación Down Compostela.

No acto de sinatura estiveron presentes a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero; o vicedecano deste centro, Jacobo Limeres; e o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos