Un equipo da UVigo deseña un xemelgo dixital para mellorar a xestión da auga

O proxecto E-Hydro, que lidera a institución académica, prevé realizar simulacións para prever eventos futuros e avaliar o seu impacto

Nun contexto marcado pola problemática e crecente presión sobre os recursos hídricos, cunha poboación en aumento e o cambio climático como factor engadido, a óptima xestión destes recursos naturais é esencial. O proxecto E-Hydro, que lidera a Universidade de Vigo (UVigo),avanza neste sentido e propón o uso dun xemelgo dixital hidrolóxico, unha plataforma de modelización e virtualización de recursos hídricos, empregando tecnoloxías avanzadas para mellorar a xestión e conservación dos recursos.

Joaquín Martínez Sánchez, profesor do Departamento de Enxeñaría dos recursos naturais e medio ambiente e investigador do Centro en Tecnoloxías, Enerxías e Procesos Industriais (CINTECX) explica que o obxectivo do proxecto é obter un xemelgo dixital hidrolóxico. A partir dun proceso de dixitalización baseado en múltiples sensores, este xemelgo dixital permite, por unha banda, coñecer de forma actualizada a dispoñibilidade e calidade dos recursos e, por outra banda, facer simulacións e ter unha predición do seu comportamento futuro baseado en modelos preditivos. Desta forma, os xestores poden probar diferentes escenarios e anticiparse á aparición dos problemas para tomar decisións. Os usuarios finais da plataforma serían tanto as Confederacións Hidrográficas como as autoridades e empresas que se dedican á xestión do control hidrolóxico.

Publicidade

Consultar, simular, prever

O usuario poderá a través de E-Hydro realizar unha xestión analítica e preditiva dos recursos de conca tanto dende o punto de vista da dispoñibilidade de recurso hídrico como das augas subterráneas, a calidade de augas ou a virtualización inmersiva da rede fluvial asociada. A ferramenta permitirá así consultar, simular e prever escenarios reais ou potenciais de cara a poder prestar unha asistencia precisa na toma de decisións para a mellor xestión do recurso auga.

E-Hydro emprega tecnoloxías como datos de fontes heteroxéneas que inclúen información multiespectral e a captura de detalles da contorna para obter representacións tridimensionais precisas mediante LiDAR aéreo e batimétrico do terreo, o desenvolvemento de ferramentas de intelixencia artificial para segmentar e clasificar estes datos e solucións de simulación e predición para optimizar a xestión de recursos hídricos e apoiar a toma de decisións informadas.

Publicidade

Socios e participantes

No proxecto están involucrados sete socios que inclúen unha agrupación de empresas tecnolóxicas como Ingeniería Insitu, Cemosa, Adasa Sistemas e Aerolaser System, que achega a súa experiencia no tratamento automatizado de datos e o desenvolvemento de solución tecnolóxicas avanzadas. A Universidade de Vigo, como líder da agrupación de Organismos Públicos de Investigación (OPIs), coordina os esforzos co Instituto de Diagnóstico Ambiental y Estudios del Agua (IDAEA-CSIC) e a Universidad de Salamanca para abordar os desafíos relacionados coa xestión de recursos hídricos mediante unha colaboración interdisciplinaria que asegura un enfoque integral. 

Por parte da UVigo, a colaboración entre os grupos GeoTECH e Hydro-Forest permite combinar a experiencia en xeotecnoloxías avanzadas e modelización hidrolóxico-forestal, integrando tecnoloxías de teledetección, datos LiDAR e intelixencia artificial para desenvolver solucións efectivas para a monitorización ambiental. Esta sinerxía facilita a creación de ferramentas para a modelización das contornas fluviais e a estimación de recursos e estado de conservación a nivel de conca hidrolóxica. 

Avances publicados na revista Science of The Total Environment

Os últimos avances por parte do equipo da UVigo en E-Hydro foron publicados recentemente na revista Science of The Total Environment. Un estudo no que se analizan os factores que afectan á calidade da auga e a integridade biolóxica no río Guadiana (área piloto de estudo), considerando variables como a cobertura forestal e a presión antropoxénica.

Este modelo predí, a través da metodoloxía de Partial Least Squares Path Modelling, ata un 60,3 % da calidade da auga e destaca a importancia de conservar a vexetación riparia para mellorar a gobernanza ambiental e a seguridade hídrica. Ademais, estase desenvolvendo unha rede neuronal convolucional que, a través de imaxes satelitais, poida predicir o estado e a calidade da auga nos embalses, enfocándose en parámetros clave como a clorofila-a e a turbidez. Este enfoque innovador proporciona ferramentas valiosas para a xestión dos recursos hídricos.

Catro fases para crear o xemelgo dixital

O proxecto comprende catro pasos. O primeiro é a captura dinámica de datos con sensores avanzados. A través de drons, satélites e sensores LiDAR, E-Hydro compila datos detallados en tempo real sobre a conca e os seus recursos hídricos. O segundo paso é a modelización intelixente da rede fluvial mediante intelixencia artificial para crear modelos precisos que representen o comportamento dos ríos e concas, facilitando a análise preditiva.

A partir de aí, a seguinte fase é a de simulación e predición de escenarios futuros. A plataforma xera simulacións que permiten prever eventos futuros, como inundacións ou secas e avaliar o impacto nos recursos hídricos. A cuarta e derradeira fase é a de toma de decisións baseada nestes datos e análises. Os organismos xestores poderán empregar estas simulacións para tomar decisións informadas que optimicen a xestión da auga e preveñen riscos.


Podes ler a noticia do DUVI na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade