A catedrática Victoria Otero, nova vicepresidenta da Real Sociedade Matemática Española

Ten máis de tres décadas de experiencia en investigación e docencia e actualmente exerce como profesora na Universidade de Santiago de Compostela

A Real Sociedade Matemática Española (RSME) ten nova vicepresidenta, esta vez con selo galego. Trátase de Victoria Otero Espinar, catedrática de de Análise Matemática da Universidad de Santiago de Compostela (USC). Ademais do novo posto nunha das institucións científicas referentes do país, a docente xa ostenta outros cargos dentro da sociedade. Preside a comisión RSME-RAE dende 2015 e é membro da de Educación. Con anterioridade xa fora membro da Xunta de Goberno da mesma sociedade (2011-2017) e presidenta da Comisión Profesional (2015-2019), ademais de membro da comité editorial da colección Estímulo Matemático da RSME.

Otero Espinar licenciouse en Matemáticas pola USC en 1985, conseguindo o título de doutoramento en 1992. Vinte anos despois foi nomeada catedrática. Os seus campos de investigación céntranse na análise non lineal, nas ecuacións diferenciais, as ecuacións en diferenzas, os sistemas dinámicos e a biomatemática. Ademais, a profesora da USC ten máis de tres décadas de experiencia en investigación, con máis de 40 artigos en revistas científicas de alto impacto. Tamén participou en numerosos proxectos de investigación. Amais diso, foi visitante académica no IBM-T.J. Watson Research Center e realizou visitas a numerosos centros e laboratorios nacionais e internacionais de Francia, Reino Unido, Portugal e outras partes de España.

Publicidade

En relación ao seu nomeamento como vicepresidenta, Victoria Otero Espinar di o seguinte: “Hai grandes retos aos que unha sociedade científica como a RSME debe facer fronte en ámbitos diversos”. Logo da “extensa e exhaustiva análise sobre diversos aspectos das matemáticas en España” realizada pola sociedade nos últimos dous anos, agora “temos que acometer as melloras necesarias para o desenvolvemento das matemáticas como pedra angular da sociedade dixital e do coñecemento”. En conxunto, as diferentes dimensións ás que prestar atención, Otero Espinar destaca a educación, as saídas profesionais, o impacto socioeconómico, a divulgación, a igualdade de xénero, a internacionalización e a investigación en matemáticas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos