As mulleres volven liderar as iniciativas emprendedoras en Galicia

Un informe conclúe que só o 20% percibían oportunidades, fronte ao 33% dos homes, durante a crise ocasionada polo coronavirus

Ás mulleres seguen liderando o nacemento de iniciativas emprendedoras en Galicia, acadando unha taxa de emprendemento do 5% en 2020 e superando por segundo ano consecutivo á masculina. Así o expuxo a profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Isabel Neira na presentación dun estudo elaborado polo Observatorio do Emprendemento de España con datos do Global Entrepreneurship Monitor (GEM), en colaboración con ENISA e Coca-Cola. Amais diso, o informe recolle que as mulleres considéranse preparadas para emprender no mesmo nivel que os seus homólogos masculinos, malia que nos momentos de incerteza derivados da crise por covid-19 “só o 20% percibían oportunidades, fronte ao 33% dos homes”.

Máis polo miúdo, os datos de percepción presentados indican que para o 39% delas, emprender “é un proceso asumible”, e que un 56% considera que sabe como facelo, sendo para o 50% unha boa opción de carreira profesional. Con todo, Neira subliñou que “o medo ao fracaso continúa como unha espada de Damocles para o 44% das emprendedoras”. “Trátase de percepcións que sempre manifestan nun ton máis pesimista que os seus homólogos masculinos, pero que, con todo, lévaas a liderar todas as fases do proceso emprendedor”, sinalou.

Publicidade

Gañarse a vida ou tradición familiar

Por outro lado, o estudo recolle diferentes perfís que se observan ao estudar as motivacións que impulsan o emprendemento. Na súa maioría, sinalou Neira, figuran as mulleres que emprenden para “gañarse a vida ou por continuar coa tradición familiar”. En menor medida atópanse as motivacións relacionadas con “xerar renda ou riqueza alta”, un feito que, segundo a profesora da USC, “leva a que ao redor da metade das iniciativas reais xa establecidas sexan de niveis de renda baixo”.

A profesora Isabel Neira (no medio da imaxe) presentou as conclusións do informe
A profesora Isabel Neira (no medio da imaxe) presentou as conclusións do informe

Outro dos temas abordados durante a presentación das conclusións foi a consolidación da rexeneración de empresas. Así, aínda que no 71% das empresas de máis de tres anos dirixidas por mulleres as súas promotoras teñen máis de 45 anos, as mozas de menos de 35 anos supoñen o 42% nas iniciativas futuras, tendo ademais niveis de formación altos —no 42% dos casos, un nivel formativo profesional ou universitario—. En definitiva, concluíu Neira, “as mulleres son peza clave no emprendemento galego, consolidándose en innovación e competitividade, pero continuando a necesidade de traballar a percepción da contorna económica e da súa posición de liderado na sociedade”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos