Cantos tipos de nubes hai? O manual da UVigo interpretar a meteoroloxía

A través de preguntas curtas, o libro serve para explicar conceptos clave de forma breve, clara e rigorosa ao alumnado

Fundamentos de Meteoroloxía en 180 Preguntas. Con este título preséntase un manual realizado por persoal docente e investigador da Universidade de Vigo (UVigo) que busca explicar conceptos clave neste eido de xeito breve, claro e rigoroso. O libro, editado polo Servizo de Publicacións da institución académica, “redactouse co ánimo de xerar un documento docente que encha o oco entre as obras clásicas e as obras de divulgación no ensino da meteoroloxía”.

A publicación é froito da experiencia docente do profesorado que o asina na Facultade de Ciencias no campus de Ourense, englobando dous catedráticos de universidade con décadas de experiencia na impartición da materia de Meteoroloxía ―como son Luís Gimeno Presa e Raquel Olalla Nieto― e tres investigadores posdoutorais ―Rogert Sorí, Marta Vázquez e Luís Gimeno Sotelo― con experiencia na adaptación a novos recursos educativos. Todos os autores e autoras pertencen ao grupo de investigación EPhysLab, integrante Centro de Investigación Mariña (CIM) da UVigo e da Unidade Asociada ao CSIC.

Publicidade

Problema notorio en materiais para a docencia

Sobre a idea de facer este libro, as e os seus responsables explican que o profesorado de Meteoroloxía das universidades españolas ten “un problema notorio en canto a materiais para a impartición da súa docencia”.

Por unha banda, sinalan, hai grandes libros xa clásicos de meteoroloxía que poden ser utilizados nas aulas. “Con todo, a escasa duración das materias de Meteoroloxía, tipicamente un semestre, fai que estes libros clásicos non sexan adecuados”, afirman.

Publicidade

Doutra banda, engaden, “existen numerosos libros de meteoroloxía de tipo divulgativo que, aínda que poden ser de interese para os nosos alumnos para introducirse na materia, son insuficientes para adquirir o nivel de coñecementos xeralmente requiridos nas nosas universidades”.

Amplitude de contidos

Abrindo un camiño intermedio, preséntase Fundamentos de Meteoroloxía en 180 Preguntas, que opta, tal e como indica o seu título, por un formato baseado en preguntas curtas que son respondidas de xeito breve, con claridade e rigor. A orde das preguntas está elixida “de maneira que as respostas son auto-consistentes, é dicir algunhas das preguntas seguen unha orde lóxica no seu relato e precísase de coñecer as anteriores para seguir co tema axeitadamente”.

Ademais o manual compleméntase con material que se imparte nas aulas. Conxugando todos estes contidos, a publicación quere ofrecer ao alumnado “unha completa formación en meteoroloxía ao nivel que se busca en graos como o de Ciencias Ambientais”.

As preguntas recollidas na publicación cobren un amplo rango de ramas esenciais da meteoroloxía, comezando pola descrición do sistema climático no seu conxunto e profundando despois en cada un dos seus compoñentes, a súa variabilidade e os diferentes tempos de resposta, para seguir coa estrutura e composición da atmosfera.

Capítulo especial sobre a atmosfera media

Hai un capítulo especial sobre a atmosfera media e as súas implicacións na meteoroloxía e clima do planeta Terra. De seguido pásase a responder a preguntas esencias sobre radiación solar e balance enerxético, lembrando as bases físicas do espectro electromagnético, sobre como se caracteriza a radiación solar e terrestre, o seu balance e sobre a definición do efecto invernadoiro.

Posteriormente respóndese a cuestións fundamentais de termodinámica da atmosfera e da dinámica atmosférica, explicando cales son as forzas esencias na atmosfera, clasificacións de diferentes tipos de fluxos, do vento, etc.

A parte final do manual céntrase na importancia dos aerosois e o seu papel na formación das nubes e abórdase basicamente a microfísica de nubes. Así, inclúense explicacións das características e formación dos diferentes tipos de nubes que existen na atmosfera baixa, dende os conceptos de como se formas as néboas, estratos e cirros ata as condición que xeran as tormentas, tornados ou sistemas convetivos a mesoescala.

“Esta amplitude de contido garante que o lector ou lectora obteña unha comprensión integral dos fenómenos atmosféricos”, sinalan desde a publicación.


Podes ler a noticia do DUVI na seguinte ligazón.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

Vigo como referente aeroespacial: o lanzamento da misión BIXO permitirá estudar a vida no espazo

O equipo de UVigo SpaceLab, apoiado por Zona Franca, analizará durante nove meses o comportamento de bacterias en condicións de microgravidade e radiación

A UVigo valida no Álvaro Cunqueiro unha tecnoloxía pioneira para medir a calidade do aire en tempo real

A solución, aplicada nunha sala de espera do hospital vigués, combina sensores de baixo custo e algoritmos avanzados