A USC lidera o ránking estatal das mellores universidades en Enxeñaría Ambiental

A clasificación elaborada por Research.com sitúa a institución compostelá no chanzo 112 do mundo e a Gumersindo Feijoo como primeiro na contorna estatal

Research.com acaba de situar a Universidade de Santiago de Compostela (USC) como a primeira universidade española no eido da Enxeñaría Ambiental. Esta clasificación elaborada a partir dos datos extraídos, ata o 6 de decembro de 2021, da base de datos bibliométrica Microsoft Academic Graph, sitúa a institución compostelá no chanzo 112 do mundo, alén de distinguir a trece dos seus investigadores logo da análise de 166.880 perfiles académicos, dos cales 9.206 pertencen ao ámbito da enxeñaría ambiental. Para a elaboración deste ránking analizouse o persoal científico de máis de 1.315 filiacións.

O profesor Gumersindo Feijoo Costa ocupa o primeiro posto na contorna estatal e o chanzo 676 a nivel internacional. A Feijoo séguenlle Sara González-García, Maria Teresa Moreira, Marta Carballa, Francisco Omil, Anuska Mosquera-Corral, Almudena Hospido, Alejo Carballeira, Felipe Macías, J.A. Fernández, Jesús R. Aboal, Xosé Luis Otero e Agustín Merino.

Publicidade

A posición neste ránking parte do estudo do persoal científico cun índice h de polo menos 30 por disciplina. O índice h constitúe unha medida indicativa que reflicte a cantidade de publicacións influentes escritas polo persoal investigador. O índice h de disciplina (índice D) calcúlase considerando só as publicacións e os seus valores de citación que pertencen a unha disciplina examinada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Gumersindo Feijoo, novo director científico do CRETUS

O enxeñeiro químico é catedrático da USC dende o 2008, está entre o 2% de científicos máis citados do mundo e destaca polo seu labor divulgador

Os numerosos beneficios para a saúde que nos ofrece o peixe a un baixo custo climático

O alimento mariño resulta unha fonte accesible de nutrientes esenciais que impulsa o benestar físico e apoia á sostibilidade

Reparar en vez de desbotar: un dereito e un chanzo clave na economía circular

Prevese que a xeración de residuos a nivel mundial aumente notablemente e pase a 350 quilos anuais per cápita en 2050