Un vocabulario con case 200 termos en galego sobre a Covid-19

O Servizo de Normalización Lingüística da USC publica en liña un documento con conceptos sanitarios e epidemiolóxicos arredor da pandemia

A pandemia causada polo coronavirus SARS-CoV-2 e a enfermidade que causa, a Covid-19, provocou moitos cambios en poucos meses arredor do planeta. E o seu impacto chega tamén aos dicionarios. A Real Academia Galega incorporou xa na primavera novas entradas como covid-19coronavirusteletraballodesconfinamento e desescalada xunto a outras palabras de uso crecente en plena pandemia. E agora, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición da comunidade educativa e a cidadanía en xeral un vocabulario no que se recollen case 200 termos relacionados coa Covid-19, o SARS-CoV-2 e a súa repercusión social.

Tanto polo seu volume como por centrarse especificamente sobre esta patoloxía, trátase un traballo novidoso no ámbito da lingua galega, destaca a USC. Así, para cada un deses conceptos ofrécese a súa definición, os nomes polos que é coñecido en galego, español e inglés, e a área ou áreas temáticas en que pode inscribirse. Así, pode atoparse léxico sobre as características e a morfoloxía do virus, as vías de transmisión e contaxio, as probas diagnósticas, as patoloxías asociadas, a análise epidemiolóxica, os equipos e instrumentos de protección, o fármacos empregados no seu tratamento ou as medidas de saúde pública adoptadas.

Publicidade

https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/snl/terminoloxia/imaxes/TE_COVID-19.png

Co obxectivo de facilitar a transmisión destes termos e a súa incorporación ao vocabulario científico e educativo, a iniciativa está publicada baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 (CC-BY-SA 4.0), que permite a redifusión e a adaptación deste material noutros produtos ou soportes diferentes, sempre que estes se distribúan tamén baixo a mesma licenza.

Así, o vocabulario achega termos menos coñecidos como axeusia (perda ou ausencia total do sentido do gusto, un dos síntomas da Covid-19), anosmia (perda ou dimunición do sentido do olfacto), ou cápside (envoltura proteica do virus).

Publicidade

A iniciativa intégrase con bUSCatermos (a base de datos de terminoloxía técnica da Universidade de Santiago de Compostela), a onde liga cada unha das denominacións galegas que forman os Termos esenciais. É en bUSCatermos onde se pode despregar e consultar toda a información que antes indicabamos. E tamén se pode facer a busca directamente a través da interface de consulta que ofrece a propia base de datos.

Ao tratarse dun ámbito en que as novidades técnicas –e en consecuencia, terminolóxicas– se están producindo a diario, o Servizo de Normalización Lingüística da USC elaborou un produto doado de actualizar e ao que se puidese incorporar nova información con moita axilidade: por iso a publicación directa na web.


Podes consultar o vocabulario de termos esenciais da Covid-19 nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE