O sector farmacéutico de Galicia, con “inquedanza” pola Facultade da USC

O reitor da universidade compostelá presidiu un encontro no que participaron os colexios oficiais, distribuidoras e académicos

Representantes do sector farmacéutico de Galicia participaron este mércores en Santiago de Compostela nunha reunión na que os asistentes analizaron a situación da Facultade de Farmacia da universidade compostelá, cuxas instalacións arrastran desde hai anos serios problemas estruturais debidos a contaminación que obrigaron a pechar o edificio e pensar incluso na demolición de parte del.

Na xuntanza, membros dos colexios de farmacéuticos de Galicia, distribuidoras farmacéuticas, farmacéuticos de hospital, a Real Academia Galega de Farmacia, o equipo decanal do centro, o goberno da USC e tamén o do Consello Social da universidade recoñeceron a súa “inquedanza”, e marcáronse o obxectivo común de facer partícipe á sociedade da “fonda preocupación” ante a situación do centro.

Publicidade

Segundo informa a USC, os colectivos e institucións presentes na xuntanza coincidiron en situar a problemática coma unha cuestión de primeira magnitude para o ámbito da saúde en Galicia. Todas as partes compartiron a relevancia da Facultade de Farmacia, un centro único en Galicia e tamén o referente para o noroeste español, polo que resulta evidente que se trata dun problema que transcende calquera tipo de interese particular ou límite xeográfico.

Que pasa coa contaminación da Facultade de Farmacia da USC?

Os asistentes acordaron, a partir desta primeira reunión, conformar un grupo de traballo para elaborar un manifesto que sirva para crear un espazo de diálogo e colaboración con todos os axentes que participan do sector farmacéutico así como con institucións e administracións locais, provinciais, autonómicas e estatais co único obxectivo de devolver á Facultade de Farmacia ao lugar que lle corresponde no referido ás infraestruturas e instalacións para desenvolver a súa función educativa e de investigación.

Publicidade

En marzo deste ano, despois de anos de reformas, cos alumnos e profesores espallados por varias facultades, a USC anunciou a intención de demoler o aulario e laboratorios da Facultade de Farmacia debido a un problema de contaminación por unha fuga nun depósito de fuel.

O problema apareceu hai máis de 10 anos, a finais de 2007. A fuga filtrouse ao solo, e contaminou unha zona situada baixo a facultade. Ao detectar a contaminación da zona, realizáronse as primeiras tarefas de limpeza, intentando extraer o combustible que había no subsolo. Mais o labor non foi suficiente, e o problema persistiu.

Aclaran desde a USC que este feito non xerou ningún tipo de problema estrutural: o principal inconveniente son os cheiros que desprende, e que pode xerar malestar e mesmo problemas puntuais de saúde nas persoas usuarias do edificio. Porén, a dificultade de acometer a limpeza co edificio enriba, segundo recoñecían desde a institución, convérteo nun procedemento arriscado e custoso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un estudo da USC revela que a poboación española avalaría un endurecemento das medidas antitabaco

O artigo sinala que as propostas con menor apoio son a prohibición de fumar en terrazas e o aumento da idade mínima de venda ata os 21 anos

Unha investigación galega afonda nunha enfermidade con só 19 casos no mundo a través do peixe cebra

Un estudo da USC desenvolve un modelo animal co obxectivo de reproducir os síntomas da patoloxía multisistémica RFT1-CDG