Rexenerar a cartilaxe articular: o gran desafío que afronta unha científica da UDC

A investigadora Ana Rey recibe 200.000 euros do Ministerio de Ciencia para desenvolver o seu estudo sobre a reparación de tecidos

A rexeneración da cartilaxe articular é un gran desafío científico. As estratexias dispoñibles hoxe en día tan só permiten a obtención dun tecido fibroso que carece das calidades da cartilaxe ordinaria da articulación. A investigadora Ana Rey da Universidade da Coruña (UDC) está a buscar alternativas para a reparación do tecido cartilaxinoso. A súa proposta recibirá preto de 200.000 euros do Ministerio de Ciencia tras ser seleccionada pola Axencia Estatal de Investigación para incentivar a consolidación investigadora.

Rey coordina o grupo Terapia Xénica e Celular (G-CEL) no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC. O seu obxectivo é deseñar novos sistemas virais baseados en niosomas —vehículos celulares estables e non tóxicos— que sirvan para transferir xenes e fármacos en células nai e así, buscar novas estratexias de reparación da cartilaxe articular.

Publicidade

A diferenza doutros tipos celulares, as células da cartilaxe presentan unha capacidade reparativa moi limitada debida á súa baixa actividade metábolica e á súa densa matriz extracelular, o que dificulta a súa rexeneración. A través deste estudo, Ana Rey pretende guiar a actividade destas células para que o tecido poida sandar.

Sete anos de estudo

Esta investigación iniciouse en 2018 desde a incorporación de Ana Rey ao centro e a creación do seu grupo G-CEL. Para ela, estes fondos significan “un paso máis alá á hora de incorporar outros compoñentes que nos permitan incrementar a eficiencia”, pero tamén “un avance para a consolidación da carreira investigadora”, engade. A súa bolsa Ramón y Cajal terminará o próximo outubro, polo que a resolución desta convocatoria permitirá a continuación do proxecto nos vindeiros anos.

Publicidade

Durante o período de financiamento, o estudo poderá avanzar no deseño de novos sistemas non virais de transfección, aumentar a súa eficiencia e utilizar estratexias seguras, supoñendo un avance clínico para o paciente, así como un progreso tamén a nivel tecnolóxico.

Colaboración con BioNanoChem

Como grupo pertencente a un centro de investigación interdisciplinar, o proxecto liderado por Ana Rey tamén contará con outro investigador Ramón y Cajal, Roberto J. Brea, do grupo BioNanoChem.

A súa experiencia en química de lípidos para aplicacións biomédicas proporcionará un novo enfoque á hora da modificación da composición dos niosomas, permitindo ao grupo G-CEL probar estas variacións nos cultivos celulares.

No curso deste estudo, tamén se aplicarán outras disciplinas como a microfluídica, unha tecnoloxía que move pequenas cantidades de líquidos a través de canais estreitos, co obxectivo de obter nanosistemas máis homoxéneos. Estes parámetros son importantes para utilizalos como vehículos de transfección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Imprimir directamente na boca: un proxecto galego busca acelerar a rexeneración ósea dental

Investigadores do CICA desenvolven un biopen portátil para reproducir enxertos en 3D adaptados ao desperfecto de cada paciente

Un equipo da Coruña crea un modelo en 3D para entender a endometriose e mellorar o seu diagnóstico

O obxectivo é comprender as características moleculares da enfermidades para probar novas dianas terapéuticas e identificar biomarcadores que axuden na súa detección

Un estudo da UDC achega novas claves para crear paneis solares máis estables e duradeiros

O investigador Alberto García participa nun artigo que axuda a comprender os principais obstáculos das prometedoras células solares de perovskita para chegar ao mercado

A UDC participa na creación dunha compresa intelixente para mellorar a detección da endometriose

Un equipo do CICA colabora nun proxecto europeo para identificar sinais temperás da enfermidade a partir de análises do fluxo menstrual