As rapazas galegas tamén triunfan na ESO

As mulleres triunfan sobre os homes non só na universidade, senón e tamén en Secundaria. Poucos días despois de que a Universidade de Vigo desvelase a preponderancia feminina nas súas carreiras, cun 70% dos mellores expedientes copados por mulleres, as de A Coruña e Santiago revelan que son moitas máis as estudantes cunha media de sobresaínte (un 63%, fronte ao 37% dos varóns). Pero cun matiz: eles logran máis premios extraordinarios.
As dúas universidades estudaron os resultados dos alumnos máis brillantes da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) na proba de premio extraordinario. Os resultados apuntan a unha ampla maioría feminina con media de sobresaínte nesta etapa educativa, aínda que no exame destaquen os rapaces.

A peor puntuación dáse en Matemáticas, seguida de Sociais, Xeografía e Historia

Análisis del rendimiento académico por género medido a través del premio extraordinario de la ESO é un estudo realizado por Francisco Jesús Ferreiro Seoane, María Dorinda Mato Vázquez e Rocío Chao Fernández, publicado pola Agencia SINC. “A metodoloxía baséase en analizar todas as cualificacións obtidas para o período 2008-2013, clasificándoas en función de diversas variables: xénero, hábitat (urbano e rural), titularidade do colexio (pública e privada), formación dos pais e a súa situación laboral,” explica a Ferreiro. O censo para ese período foi de 1.522 estudantes, todos os que se presentaron en Galicia.
O estudo parte da premisa da importancia da educación para o desenvolvemento económico e social de calquera país. Para medir o rendemento dos estudantes, os gobernos autonómicos establecen unha serie de premios. Un deles é o premio extraordinario da ESO, unha proba escrita para aqueles alumnos cuxa media nos catro anos que integran esta etapa fose de sobresaínte.
“Para presentarse ao premio hai que ter unha media de sobresaínte, e con esta nota había máis rapazas (63%) que rapaces (37%). Gañar o premio é moi complicado, xa que só outorgan 20 por ano, o que supón o 5,2% do total dos alumnos que se presentan. Chama a atención que o resultado en xeral non é bo, mesmo de media suspenden en varias materias. En Matemáticas obteñen a peor puntuación seguida de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e as optativas de Física e Química, e Bioloxía e Xeoloxía”, asegura o investigador. En cambio, si aproban as linguas -castelá e galega-, e en inglés obteñen os mellores resultados de media.

Publicidade

Existe unha probabilidade do 95% que a media dos rapaces sexa mellor que a das rapazas

“O máis rechamante do estudo”, engade Ferreiro, “é ver que en todas esas materias os rapaces sacaron mellor nota media que as mozas e de xeito significativo, é dicir que existe unha probabilidade estatística do 95% que a nota media dos varóns sexa mellor que a nota media das rapazas”.
Pero, se durante os cursos hai máis rapazas sobresaíntes, como é posible que no premio extraordinario sexa ao revés? “Queremos facer fincapé que calquera estudo debe ser tratado con prudencia. En primeiro lugar, porque a nosa mostra ten unhas características especiais que non son extrapolables a toda a poboación de Educación Secundaria, xa que son probas feitas só en Galicia e para un colectivo de alumnado sobresaínte; e en segundo lugar, porque non se encontraron estudos nacionais nin internacionais que analicen os resultados deste tipo de alumnado que nos permitan comparar os resultados”, conclúen os investigadores.
O estudo está englobado dentro dun máis amplo sobre o rendemento medio a través do premio extraordinario da ESO en Galicia, onde se analizan a influencia de distintas variables, como o hábitat, o ámbito familiar e a titularidade do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia