Universidade

A USC lidera o ránking estatal das mellores universidades en Enxeñaría Ambiental

A clasificación elaborada por Research.com sitúa a institución compostelá no chanzo 112 do mundo e a Gumersindo Feijoo como primeiro na contorna estatal

A UDC desenvolve unha técnica para abrigar do vento a flota de diques flotantes

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente traballa nun proxecto piloto no porto de Xufre, na Illa de Arousa

A UVigo abre as portas de atlanTTic por un día para coñecer de preto o seu traballo

O Centro de Investigación da UVigo abrirá as portas este venres para dar a coñecer as súas competencias en tecnoloxías de telecomunicacións

A galega Verónica Bolón, nova académica da Real Academia de Ciencias de España

A doutora lidera varios proxectos sobre aprendizaxe dentro do campo da Intelixencia Artificial (IA) no Centro de Investigacións TIC da UDC

A UVigo construirá un novo buque oceanográfico de última xeración por 1,5 millóns

Terá un tamaño medio de 19,5 metros de eslora por 5,4 metros de manga e propulsión híbrida enchufable

A UDC consegue 300.000 euros para unir intelixencia artificial con saúde e seguridade

O CITIC desenvolverá tres proxectos sobre detección de bacterias, saúde laboral e vixilancia tecnolóxica con financiamento estatal

A UVigo aplica un plan de medidas urxentes para reducir ata un 30% o consumo enerxético actual

A xestión da calefacción e da climatización e o axuste da iluminación son accións prioritarias

Un equipo da UVigo describe catro novas especies de insectos do Carbonífero Superior

Simplexpaolia prokopi, Hispanopteron romerali, Corydaloides leonensis e Mischoptera bergidensis, son as catro novas especies de insectos do Carbonífero Superior descritos por un grupo internacional de científicos,...

As claves para que Galicia non perda o tren da dixitalización

A UVigo debulla as potencialidades e os retos do país nun informe encargado polo Consello Económico e Social e asinado por un amplo equipo de investigadores

A UVigo lidera un proxecto europeo para mellorar as comunicacións por satélite a través da fotónica

O investigador Francisco Díaz formará futuros especialistas nunha tecnoloxía na que existe "unha gran demanda na industria aeroespacial"

A ciencia volverá saír ao encontro da cidadanía na segunda edición da G-Night

400 persoas, entre persoal investigador e técnico, participan na iniciativa que coordina a UVigo

Dous traballos da UDC sobre intelixencia artificial reciben un premio nacional

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) consegue novos logros no ámbito da intelixencia...

O investigador Francisco Blanco, o máis citado do mundo no eido da disfunción mitocondrial

Un estudo internacional constata que a produción científica do profesor da UDC é a de maior influencia no seu campo

A UVigo participa nun proxecto europeo sobre comunicacións cuánticas

A universidade galega lidera un dos paquetes de traballo do programa, que integran múltiples empresas e institucións internacionais

Un estudo da USC confirma que a pesca recreativa beneficia a saúde de quen a practica

É o primeiro artigo que establece unha asociación positiva entre esta actividade e o benestar físico e mental dos seus practicantes

Un proxecto da UDC sobre lingüística computacional recibe fondos europeos

O Consello Europeo de Investigación financia con 150.000 euros o programa, o único galego seleccionado na última convocatoria