Juan Lema, distinguido polo Politécnico de Milán coa ‘Laurea ad Honorem’

O profesor emérito da USC recibe este recoñecemento do Ministerio de Investigación de Italia pola súa contribución ao campo da biotecnoloxía ambiental

O Ministerio italiano de Universidades e Investigación acaba de outorgar ao profesor emérito da USC, Juan M. Lema  Rodicio, membro do Centro Singular CRETUS, a Laurea ad Honorem do Politécnico de Milán, o máximo recoñecemento que concede esta universidade. A proposta correu a cargo do Departamento de Enxeñería Civil e Ambiental onde o profesor Lema realizou unha estancia de investigación no ano 2018.

Con esta distinción quérese premiar a importante contribución de Lema Rodicio ao campo da biotecnoloxía ambiental, particularmente no desenvolvemento de tecnoloxía e de procesos de tratamento e recuperación de recursos dos residuos. Este recoñecemento pode considerarse a versión italiana do Doutoramento honoris causa. O acto de investidura terá lugar o próximo mes de xuño en Milán, no marco da V edición do Congreso Internacional ‘Ecotechnologies  for  Wastewater  Treatment.  EcoSTP 2021’. A sesión consistirá nunha cerimonia solemne na aula magna do Politécnico que contará coa presenza de autoridades académicas italianas.

Publicidade

O Politécnico de Milán concedeu menos dunha ducia destas distincións honoríficas no últimos dez anos, entre as que se atopan as outorgadas aos arquitectos Álvaro Siza e Nicholas  Grimshaw, ao deseñador  Giorgio  Armani, ao  profesor no eido da Enxeñaría Civil Dan  Frangopol, a Luca Cordero dei  Montezemolo, ex presidente de  Ferrari; ou Maurizio  Boiocchi, director técnico de  Pirelli; así como a Paul  Krutzen, premio Nobel de Química en 1995.

Este título académico honorífico conferido polo Politécnico de Milán súmase ao nomeamento de Lema como honoris causa pola Pontificia Universidade Católica de Valparaíso (Chile) en 2015 e a de Honorary Professor pola Universidade de Queensland (Australia) en 2018. Asemade, Juan Lema recibiu, entre outras distincións, o título de Fellow pola International Water Association en 2014, a Insignia de ouro da USC (2013) e a Medalla de ouro de Enxeñería Química da Universidade de Valladolid (2010).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

BioSpain pecha con máis de 1.900 asistentes e anuncia Barcelona como sede en 2027

A décimo terceira edición reuniu representantes de preto de 900 entidades de 32 países ao longo de tres días de congreso en Bilbao

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades