O centro de protonterapia de Galicia, futuro referente investigador contra o cancro

Neste pódcast abordamos os preparativos para a posta en marcha dunha área exclusiva no CHUS que estudará a radioterapia con protóns

A radioterapia de protóns aterrará en Galicia proximamente. Na actualidade, a protonterapia consolídase como un dos tratamentos máis eficaces na loita contra varios tipos de cancro. Baséase nun disparo que vai dirixido ao corazón do tumor, algo revolucionario para a ciencia. Aínda que se comezou a experimentar con ela nos anos 50 en EE.UU., Galicia non ofrece esta terapia na sanidade pública. Farao a partir de 2025, á vez que nove centros máis en España. A nivel internacional xa se trata a doentes con protonterapia, en España, de feito, en dous centros privados. Pero ben é certo que non en todos estes lugares se investiga, e aquí radica o principal valor do que se poñerá en marcha na comunidade galega.

O Centro de Protonterapia de Galicia será un referente europeo. Asentarase en Compostela e contará cunha área destinada exclusivamente á investigación, ademais da propia para tratar aos pacientes. Neste quinto episodio do pódcast Investigar na USC falamos con dous expertos na materia, Faustino Gómez e Pablo Aguiar da USC, que nos explicarán todos os detalles desta terapia e os preparativos que se están a realizar para a chegada desta nova tecnoloxía que, esperemos, cubra a demanda que existe e cure a moitas persoas en Galicia.

Publicidade


Escoita Investigar na USC en: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Google Podcasts, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade