A Domus do Mitreo celebra este martes unha xornada de portas abertas

A Domus do Mitreo, un espazo singular que fai accesible o coñecemento da historia da cidade de Lugo desde a época romana ata a contemporánea, comeza esta martes 1 de maio o seu novo periplo como museo universitario cunha xornada de portas abertas. Neste novo réxime de funcionamento, as ampliadas instalacións do Museo Universitario A Domus do Mitreo, de titularidade compartida co Concello de Lugo, aínda que xestionadas pola USC, permanecerán abertas ao público de martes a domingo e o primeiro mércores de cada mes o acceso será libre e de balde para todo o público interesado.

O acceso será libre e de balde o primeiro mércores de cada mes

Estruturado en tres niveis, o Museo Universitario A Domus do Mitreo, un espazo duns 700 metros cadrados, constitúe un exemplo excepcional da historia urbana da cidade de Lugo. Neste centro agroman diversos restos arqueolóxicos cuxa interpretación permite coñecer a evolución da cidade. Así, o museo está divido en tres zonas, nas que o visitante poderá descargar códigos QR. O vestíbulo permite coñecer as distintas fases polas que pasou o soar, o xacemento ofrece diferentes elementos da época romana que van desde a domus da época altoimperial, o pano da muralla orixinal e o templo mitraico, mentres que no primeiro andar é posible facer un percorrido pola historia de Lugo desde a Idade Media ata o século XX.

Publicidade

A ampliación do horario de visitas desta instalación responde á pretensión da USC de facer accesible a todo o mundo un museo universitario posto en marcha coa triple función de difundir e valorizar un dos xacementos romanos máis visitados da capital luguesa, fomentar o interese polo patrimonio e servir de impulso e promoción da cidade de Lugo a través da realización de estudos e investigacións sobre a súa historia.

Prezos e horarios da Domus do Mitreo

O Museo Universitario A Domus do Mitreo ampliará desde principios de maio o horario de visitas ás súas instalacións, que permanecerán abertas ao público de martes a sábado, en quenda de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e os domingos, en horario matinal, de 11.00 a 14.00 horas. En verán, as visitas en quenda de tarde poderán realizarse ata as 21.00 horas.

Publicidade

O novo centro museístico no Campus Terra, cuxo réxime de acceso se axustará ao regulamento polo que se rexen os museos universitarios da USC, permanecerá tamén aberto ao público varias datas festivas, nas que se agarda un maior fluxo de visitantes. Daquela, tamén será posible visitar este museo os días 24 de xuño, 25 e 26 de xullo, 15 de agosto, 1 de novembro, así como nas festas de Arde Lucus e San Froilán.

A entrada ao Museo Universitario A Domus do Mitreo será de balde os primeiros mércores de cada mes, agás en novembro, cando esta xornada de acceso libre se trasladará ao día 8. O prezo de visitas sen guía para membros da comunidade universitaria da USC será de 1 euro, 2 euros para estudantes e profesores alleos á USC. O custe da entrada será tamén de 2 euros para os menores de 18 anos e xubilados, mentres que a taxa xeral para adultos será de 3 euros. No caso de visitas de grupos organizados, cobrarase un euro por integrante.

Os prezos de visitas de grupos con guía presentan cambios. Daquela, a taxa xeral de grupos será de 6 euros por persoa, unha cifra que se reduce a 5 euros para grupos de menores de 18 anos, xubilados e estudantes e profesores alleos á USC, e a 4 euros para grupos de membros da comunidade universitaria da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior