Venres 19 Abril 2024

Non, un ano na vida dun can non son 7 anos humanos

É un mito popular, pero non ten base científica. Un ano na vida dun can non equivale a sete anos na vida dun ser humano. É certo que os cans envellecen a diferentes velocidades en comparación co Homo sapiens, pero a regra simple de sete anos está lonxe de ser precisa. Se os humanos realmente envellecen sete veces máis amodo que os cans, entón moitos de nós poderiamos reproducirnos aos sete anos e vivir ata os 150 anos.

Obviamente, ese non é o caso. A razón pola cal os cans poden alcanzar a madurez sexual completa despois dun ano do seu nacemento é porque os nosos amigos caninos envellecen máis rápido durante os primeiros dous anos das súas vidas que os humanos.

Publicidade

Incluso esta afirmación xeral é lixeiramente diferente xa que as razas máis pequenas tenden a madurar máis rápido que as razas máis grandes.

Un texto na abadía de Westminster xa fala da conversión da idade entre homes e cans

En comparación cos humanos, os cans envellecen máis rápido ao comezo das súas vidas e máis lentamente cara ao final. Por tanto, calcular a idade do seu can en relación coa súa é un pouco complicado, pero afortunadamente é posible.

Dado que as razas pequenas tenden a vivir máis tempo que as razas máis grandes, é importante calcular a idade do seu can segundo a categoría correcta: pequeno (9,5 kg ou menos), mediano (9,6 kg a 22 kg), grande (23 kg a 40 kg) ou xigante (máis de 41 kg).

Aínda que se descoñecen as orixes do mito dos sete anos, a xente estivo tratando de atopar un bo xeito de calcular unha idade dos cans comparable coa dos humanos desde o ano 1200. Un dos primeiros exemplos disto é unha inscrición na Abadía de Westminster que data do ano 1268 e calcula que un ano humano equivale a nove anos can.

Pénsase que a regra dos sete anos é moito máis recente. Un veterinario da Universidade Estatal de Kansas dixo nunha recente reportaxe no xornal The Wall Street Journal : “Creo que foi unha estrataxema de márketing. Era unha forma de alentar aos propietarios para traer ás súas mascotas polo menos unha vez ao ano”.

En calquera caso, esta táboa pode axudarnos a comparar a idade do noso can coa nosa. Hai que ter en conta o peso do noso amigo, dividido en pequeno (small), mediano (medium), grande (large) e xigante (Giant).

Táboa de cálculo da idade do can relacionada coa idade humana. (Elaboración propia GCiencia cos datos do estudo)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Por que é necesario rexistrar os galiñeiros de autoconsumo?

O decano de Veterinaria da USC, Gonzalo Fernández, sostén que é unha medida necesaria para o control das enfermidades aviarias

O meu can sofre ansiedade? Así podemos detectala e tratala

Ladrido excesivos, caída de pelo, tremores, agresividade... A ansiedade patolóxica pode manifestarse con múltiples síntomas

A calor e a contaminación poden aumentar as mordeduras de can

Un equipo de EEUU identificou un incremento da agresividade canina nos días con maiores índices de radiación ultravioleta, ozono e temperaturas