Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar

Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo dentro do seu plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta. Este obradoiro celebrarase o vindeiro martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida de Beiramar, 55) e será impartido por Adolfo García, capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no mesmo instituto.

Este evento de divulgación científica, que tivo xa unha primeira edición en 2022, conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, (FECYT) e enmárcase dentro dos actos da Semana Mundial do Espazo, que se celebra cada ano do 4 ao 10 de outubro co obxectivo de poñer en valor as contribucións da ciencia e a tecnoloxía espaciais á mellora da condición humana. 

Publicidade

Un obradoiro para todas as idades

O obradoiro, de carácter dinámico e participativo, ten como finalidade achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo á cidadanía e, en especial, a un público familiar. Ao longo da xornada tanto nenos e nenas como adultos e adultas aprenderán a entender o tamaño do universo e a descubrir os segredos do sistema solar e tomarán conciencia de todos os problemas derivados da contaminación luminosa.

A participación será aberta ata completar as 40 prazas dispoñibles, pero será necesario inscribirse previamente e de xeito gratuíto a través desta ligazón antes do luns ás 17.00 horas

Publicidade


Podes ler a noticia completa do DUVI na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto