A Asemblea de Investigadoras da USC inicia mobilizacións de protesta

O colectivo denuncia a "discriminación" porque "lle negan as subidas salariais" e piden diálogo ao equipo de goberno

A última reunión da Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), celebrada o pasado 29 de xaneiro, acordou por unanimidade iniciar mobilizacións e diferentes accións de protesta. A decisión débese á “situación de discriminación e inxustiza que sofre o colectivo”, á que, segundo á asemblea “segue facendo oídos xordos”, pese a reiteradas peticións, o equipo de goberno da USC.

Nun comunicado publicado este mércores, a AIC pide que “se poña fin á discriminación á que se vén sometendo a unha parte do persoal de investigación desde 2016, cando se lle empezou a pagar por debaixo do salario mínimo que fixa a normativa, e a quen tamén se lle negan as subidas salariais -que si ten o resto de persoal da USC- e se lle deixou de aboar a indemnización por extinción de contrato”. Engaden que “só pedimos que tódalas persoas que teñen a mesma categoría profesional teñan garantidas as mesmas condicións laborais mínimas que xa recolle a normativa da USC”.

Publicidade

“Discriminación”

A asemblea de investigadoras denuncia, con exemplos, a situación de “discriminación” que sofren. “Para unha investigadora FPU/FPI a diferenza entre o que percibe (1.173,00 €/mes) e o que figura na táboa de salarios mínimos actualizada (1.244,91 €/mes) supera xa os 1.000 euros anuais”. Engaden que, “se dá primeira vez a circunstancia de que un axudante de apoio á investigación percibe xa un salario mínimo (1.193,97 €/mes) superior ao das propias investigadoras destas convocatorias”. É “algo inaudito”, subliñan.

Publicidade

Esta situación fixo que a AIC a trasladase o asunto ao xerente da USC, Xavier Ferreira, e á Vicexerenta de Persoal, Pilar Martínez, nunha xuntanza celebrada o 7 de decembro. A reunión rematou coa solicitude do xerente de que a asemblea remitira por escrito as  demandas, co comproiso de levalas e tratalas na mesa de negociación cos sindicatos.

Á súa vez, a asemblea informou tamén aos sindicatos da mesa (CCOO, CIG, CSIF e UGT) en xuntanzas bilaterais, nas que amosaron o apoio á AIC e a vontade para solucionar o problema.

Sen resposta

Unha vez dados estes pasos, segundo a asemblea, foron os propios sindicatos os que se dirixiron á xerencia para solicitar formalmente a convocatoria da xuntanza, que segue sen convocar. A AIC tamén lamenta que o propio reitor, Antonio López, “segue sen responder ás peticións que se lle fan desde a AIC para reunirnos con el, compromiso que adquiriu tanto durante a campaña electoral como no claustro do 29 de novembro tras unha intervención dun representante da AIC”.

Neste senso, o colectivo de investigadores subliña tamén que “as demandas contra a USC seguen aumentando”. A AIC apunta: “Non entendemos como é posible que prefiran seguir malgastando diñeiro público en pagar honorarios de avogados, indemnizacións e custas xudiciais en vez de investilos en investigación, sobre todo, cando solucionar esta situación depende única e exclusivamente do equipo de Goberno; é algo realmente inexplicable”.

Esta é a razón pola que a asemblea expón a necesidade de “alzar a voz e facer pública esta situación de discriminación, desprezo e malgasto, para que toda a Comunidade Universitaria, e toda a sociedade, coñeza o que está pasando”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas