O movemento do polo norte magnético está a piques de afectar ao teu GPS

O GPS (Global Positioning System) é unha tecnoloxía cada vez máis presente nas nosas vidas. Non só para ubicarnos a nós, senón tamén para que as grandes compañías nos ofrezan información personalizada segundo onde esteamos. Pero esta tecnoloxía, desenvolvida no seu momento polo departamento de Defensa dos Estados Unidos, podería ver alterada a súa enorme precisión debido ao movemento no polo norte magnético da Terra que están detectando os investigadores.

Este fenómeno non é novo. Desde hai tempo sábese que este punto, determinado polo lugar onde o campo magnético é perpendicular á superficie, estase a mover do norte de Canadá cara a Rusia a máis de 50 quilómetros por ano.

Publicidade

Para poñer solución a estas alteracións, un comité de expertos reuniuse estes días co obxectivo de lanzar unha actualización de emerxencia sobre o Modelo Mundial Magnético. Para a maioría da xente, o cambio é anecdótico, xa que estas alteracións afectan, sobre todo, ás persoas que se moven en latitudes próximas ao Ártico e nos dispositivos de altísima precisión. Pero os GPS tamén se poderían ver afectados a medio prazo.

Porén, os científicos están seguindo con interese o que acontece para comprender por que o polo norte magnético se está movendo. Segundo o xeofísico da universidade de Leeds Phil Livermore, consultado por The Washington Post, podería haber unha alteración no núcleo da Terra. O campo magnético regúlase a partir do fluxo dos materiais fundidos nesta capa do planeta, de xeito que ao longo da historia da Terra é habitual que haxa este tipo de cambios. Así, rexistráronse varias inversións dos polos magnéticos nos últimos millóns de anos.

Publicidade

Desde que en 1831 se realizou a primeira expedición para atopar este polo norte magnético, o punto foi cambiando. En 1940, cando o exército estadounidense decidiu medilo de novo, movérase máis de 400 quilómetros cara ao noroeste. Porén, agora está xa máis de 1.000 quilómetros daquel lugar, no medio do Ártico, a catro graos do norte xeográfico.

Cabe subliñar que os polos norte e sur magnéticos non están nas antípodas, e móvense cunha certa independencia. No sur, este punto mantense máis ou menos estable desde 1990.

Así, a investigación na que participan estes días os expertos do comité levou a adiantar a actualización do novo Modelo Magnético Mundial, que estaba prevista para 2020, debido a que a alteración xa estaba a piques de garantir unha navegación precisa en sistemas como o GPS, segundo recolleu Nature.

1 comentario

  1. No Artigo orixinal no Nature non fala para nada do GPS. A verdade e que non ten que ver o GPS coa posicion do norte magnético, nin os receptores nin os satelites usan de norte magnetico para nada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais