Esta foto é histórica: nunca se vira así a cara oculta da Lúa

A carreira espacial que emprendeu China segue abraiando ao mundo. Despois de levar por primeira vez unha sonda, a Chang’e 4, á cara oculta da Lúa, acaba de coñecerse unha nova imaxe que amosa esta parte do satélite que non vemos desde a Terra cunha nitidez nunca percibida ata agora. E ademais, vemos o noso planeta de fondo.

A imaxe foi descargada o pasado luns polo telescopio Dwingeloo, nos Países Baixos, e emitida polo satélite LongJiang 2, que está en órbita lunar desde 2018. A foto foi tomada o domingo 3, e amosa, segundo apunta o equipo do Dwingeloo, a cara oculta da Lúa e Sudamérica na Terra, e é “probablemente a mellor que se tomou nunca”.

Publicidade

En outubro de 2018, o telescopio holandés xa recibira outras imaxes semellantes, pero non se vía a Lúa ao completo, xa que o LongJiang 2 estaba máis preto do satélite da Terra e non ‘collía’ na cámara. “Nos vindeiros meses agardamos recibir máis fotos”, adiantan os investigadores holandeses. O LongJiang 2 é o único satélite lunar chinés que mantén contacto coa Terra, toda vez que as autoridades deron por perdidas as comunicacións co seu ‘compañeiro’ o LongJiang 1. O aparello que tomou esta histórica foto estivo ‘apagado’ durante a alunizaxe da Chang’e 4 para non interferir nas comunicacións, pero agora está activo de novo, e enviando imaxes moi prometedoras. E pode haber máis por vir.

A cara oculta da Lúa foi retratada por primeira vez en 1959 pola sonda soviética Luna 3. Debido á sincronía na rotación da Terra e o seu satélite, nunca se nos amosa esta parte. Podes saber máis neste vídeo.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns