As Humanidades toman a palabra polo seu futuro

Os decanos e decanas das facultades de Humanidades e Artes de toda Galicia reuníronse este mércores na sede da Reitoría da USC para dar lectura –simultánea en todas as Universidades españolas– á Declaración de Salamanca en defensa da Universidade pública e do papel que a ensinanza das Humanidades ten na sociedade e no momento actual.
A Declaración de Salamanca asinouse unanimemente o pasado mes de marzo no transcurso da XXIII Conferencia de Decanatos de Letras para manifestar “con toda contundencia a nosa inquedanza polo deterioro das Universidades públicas na docencia, a investigación e a xestión”.
Entre outros asuntos os decanos e decanas, que expresan a súa oposición á tendencia “cada vez máis frecuente” á privatización da xestión, demandan a equiparación dos orzamentos de educación e investigación á media da UE, un “axeitado” relevo xeracional entre o profesorado, unha dedicación similar de todo o Persoal Docente e Investigador a tempo completo, a suspensión do 3+2, a equiparación das taxas universitarias de grao e mestrado entre si e entre as diferentes Comunidades Autónomas, a dotación do número necesario de bolsas e “que cesen os excesos de intervencionismo dos gobernos da Universidade”.

As universidades da Coruña, Santiago e Vigo uníronse na lectura da declaración

A lectura íntegra do manifesto fíxoa a decana de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Rosa Pérez Rodríguez, que estivo acompañada, da USC, pola decana de Filoloxía, María José López Couso; o de Filosofía, Rafael Martínez Castro; a de Humanidades, María Isabel González Rey; e o de Xeografía e Historia, Juan Monterroso Montero. Da Universidade da Coruña asistiu a decana de Filoloxía, María Jesús Lorenzo Modia, mentres que participaron ademais as decanas de Historia en Ourense, Susana Reboreda Morillo, e de Belas Artes en Pontevedra, Silvia García González.
Estaban tamén presentes no acto reivindicativo en Santiago os vicerreitores de Oferta Docente e Innovación Educativa da USC, Roberto Javier López López, e de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC, Julio Abalde Alonso, ademais doutros membros de equipos decanais e estudantes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais