A Universidade de Santiago sitúase no posto 374 do mundo en producción científica

Segundo a análise e clasificación dos artigos científicos das 500 primeiras universidades do mundo, a de Santiago de Compostela é a 374 e a décima de España, segundo se desprende do ‘Performance Ranking of Scientific Papers for World Universities’ que realiza a National Taiwan University. Para a ordenación dos resultados utilízanse tres criterios, logo desenvolvidos en oito indicadores, como son produtividade científica (25% da nota final), impacto investigador (35%) e excelencia da investigación (40%). Para a súa elaboración, o ránking emprega datos extraídos do Science Citation Index (SCI) e do Social Sciences Citation Index (SSCI).
Esta clasificación, ademais da listaxe xeral por universidades, inclúe dous clasificación máis por áreas de coñecemento e campos científicos. No primeiro caso, a produtividade científica elaborada na USC destaca en Agricultura, no posto 264 do mundo e no décimo entre as españolas, e en Ciencias Naturais, 284 no plano internacional e 8 no nacional.
Polo que respecta a campos científicos concretos, a mellor posición acadada pola investigación realizada na universidade compostelá localízase en Matemáticas (na carta posición das institucións españolas e 78 do mundo), seguida de Farmacia e Toxicoloxía (5ª/212ª), Ecoloxía e Medio Ambiente (5ª/262ª), Enxeñaría Mecánica (7ª/242ª), Enxeñaría Química (9ª/248ª), Enxeñaría Civil (11ª/224ª), Ciencias da plantas e dos animais (12ª/299ª) e Ciencias Agrícolas (15ª/154ª).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto