A UVigo colaborará con Cabo Verde para investigar en ciencias mariñas

A UVigo colaborará con Cabo Verde para investigar en ciencias mariñas

Unha localización estratéxica e posuír unha das zonas económicas exclusivas máis grandes de África Subsahariana fan de Cabo Verde un país abocado a sacarlle potencial á denominada economía do mar. Sen embargo, para seguir crecendo necesitaba crear un tecido docente e investigador no que apoiarse, un labor para o que o Campus do Mar converteuse no aliado estratéxico perfecto. Universidades de Vigo e Cabo Verde e Instituto Nacional para o Desenvolvemento das Pescas do país africano traballan xa na segunda fase dun protocolo de colaboración que arrancaba en 2012 para o desenvolvemento sostible do sector do mar a través do reforzo das institucións académicas e de investigación caboverdianas.
Unha delegación de representantes das entidades colaboradoras de Cabo Verde están esta semana en Vigo nunha misión institucional e técnica para afondar nun proxecto que pretende contribuír ao desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño costeiro deste país africano. Entre os participantes nesta viaxe atópanse a reitora da Universidade de Cabo Verde, Judite Nascimento; a pro-reitora para a Pos-Graduación e Investigación, Sonia Silva; a presidenta do Instituto Nacional para o Desenvolvemento das Pescas, Osvaldina Silva; e a técnica do INDP Elisia Silva. Ademais dunha visita institucional ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, a delegación aproveitará a súa estancia para reunirse con representantes de Cetmar, Anfaco, da Cidade Tecnolóxica de Vigo, do Instituto Español de Oceanografía, da Universidade de Santiago ou da Xunta de Galicia.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz