A contaminación lumínica en Galicia, baixo control

A Universidade de Santiago de Compostela e MeteoGalicia colaborarán na avaliación dos niveis de contaminación lumínica para mellorar as medidas de eficiencia enerxética en Galicia. O traballo realizarase a través da Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno, unha das primeiras e máis extensas redes públicas existentes a nivel mundial para a monitorización dos niveis de brillo do ceo provocados polas emisións artificiais de luz. A súa posta en marcha é froito da colaboración entre o grupo de investigación en Microóptica e Sensores de Frente de Ondas da USC e Meteogalicia.
O servizo componse de trece detectores instalados noutras tantas estacións meteorolóxicas de Meteogalicia que recollen os datos obtidos dende a súa entrada en servizo progresivo nos anos 2013 e 2014. Os resultados desas medicións poden consultarse xa na web de MeteoGalicia, onde se mostran datos das máis de 4,5 millóns de medicións realizadas durante o ano 2014.

Detector de contaminaciónn lumínica
O investigador da USC Salvador Bará explica o funcionamento dos detectores nun acto celebrado nas instalacións de Meteogalicia. Foto: Ana Varela. Xunta de Galicia

Os detectores instalados nas estacións automáticas de Meteogalicia están distribuídos entre zonas fortemente emisoras de luz, é dicir, as zonas urbanas e periurbanas, e as zonas de menor emisión lumínica, como as áreas rurais e de montaña ou no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, informa a USC.
Os resultados obtidos permiten comprobar como nas estacións rurais, de montaña e nas situadas no Parque das Illas Atlánticas o brillo cenital en noites despexadas é entre 1,6 e 4 veces superior ao que se considera nunha noite escura en condicións naturais. Ou que nas áreas urbanas o brillo cenital típico en noites despexadas é entre 10 e 40 veces superior ao correspondente a unha noite escura en condicións naturais.
Ademais de para unha mellor planificación das medidas de eficiencia enerxética, a información que proporciona esta rede ten moito interese para as actividades astronómicas. En concreto existe unha iniciativa promovida pola Unesco, denominada Startlight, que certifica que as condicións dos ceos nocturnos permiten unha observación astronómica de calidade. A rede que se vén de presentar debe servir para conseguir este tipo de certificacións e, polo tanto, diversificar os intereses turísticos dos lugares que aspiran a acadar o distintivo Starlight.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente