A organización dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off, que este ano cumplen a sú novena edición, decidiu ampliar o prazo de presentación de candidaturas, tanto na categoría de Idea Emerxente como na de Grupos de Investigación. O período de presentación de propostas quedará aberto ata o próximo 5 de setembro ás 24,00 horas.
Na categoría de Idea Emerxente se premia ás empresas que presenten un proxecto innovador, baseado na investigación, que se teña desenvolvido nos últimos 24 meses. Mentres que na categoría de Grupos de Investigacion se concede o galardón a aquel grupo vinculado ás universidades galegas e cunha traxectoria destacada nos últimos anos. Na categoría Selo de Calidade non é posible presentar candidaturas xa que é o xurado o que designa aos candidatos.
Os Premios GCiencia Galicia Spin-Off celebran este año a súa IX edición e distinguen dende 2015 ás empresas e grupos de investigación máis innovadores. Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar antes de fin de ano nunha das principais cidades galegas. En 2024, os gañadores destes galardóns foron as empresas Neutron Insights (Idea Emerxente) e Alén Space (Selo de Calidade) e o Grupo Biofarma da USC.
A ampliación do prazo permitirá aos interesados contar con máis tempo para a preparación axeitada das súas candidaturas.














