Adega demanda a paralización dun parque eólico por danos a un glaciar rochoso único

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia denuncia o impacto que o proxecto Ruña II, que está a desenvolverse en Mazaricos, tería nun elemento xeolóxico singular dentro da comunidade

As obras do parque eólico Ruña II, que están a desenvolverse nos montes da Ruña, concello de Mazaricos, poden estar a causar danos sobre o patrimonio natural, particularmente sobre hábitats prioritarios e singulares elementos xeomorfolóxicos froito do glaciarismo non contemplados na Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Así de contundente é Adega, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, sobre o parque promovido pola empresa Eurus Desarrollos Renovables no concello coruñés.

Segundo a asociación, a ampliación da pista de acceso aos muíños do proxecto podería danar unha zona con matogueira higrófila e turbeiras, un tipo de ecosistema húmido moi característico en Galicia e protexido na actualidade. A rexión en cuestión atópase arredor do nacemento e a canle do Rego da Ribeiratorta: “Dáse a circunstancia de que estes impactos non foron completados na Declaración de Impacto Ambiental”, explican.

Publicidade

Nun ámbito xeográfico máis amplo, explican dende AGEDA, as obras deste parque eólico —explanacións, pistas e gabias— tamén afectaron elementos xeomorfolóxicos moi singulares, vencellados ao antigo glaciar rochoso da Ruña.

Unha contorna especial e vulnerable

O glaciar rochoso da Ruña é único en toda a costa galega, tal e como destacan dende a Asociación: “A súa entidade debería ser preservada, xa que constitúe unha formación xeolóxica de máis de 100.000 anos e ten un excepciional interese científico para a xeoloxía de Galicia”.

Publicidade

Para evitar un maior impacto, ADEGA solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio Natural a paralización das obras de Ruña II. O principal obxectivo din, “é que se inicie un procedemento para a declaración deste espazo como protexido, ben como unha ampliación da Zona de Especial Conservación Carnota – Monte Pindo, ou ben como un Monumento Natural ou Paisaxe Protexida”.

A zona atópase comprometida ademais pola estación de bombeo do río Xallas, que na actualidade soporta a actividade de ata catro encoros: Fervenza, Santa Uxía, Castrelo e Ponte Olveira. Recentemente, dúas empresas presentaron dous proxectos de novas centrais de bombeo no río, cuxos depósitos atoparanse sobre o monte da Ruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla