Vacinados, pero hospitalizados: como é posible que estea pasando isto?

* Un artigo de 

A partir de agora veremos noticias con titulares dicindo que a maioría dos hospitalizados por Covid-19 son persoas completamente vacinadas coas dúas doses. Isto é algo que, a primeira vista, pode xerar confusión e xerar máis preguntas que respostas:

Publicidade

Significa isto que as vacinas non funcionan?

Vou estar máis seguro se non me vacino?

Publicidade

Estamos diante un efecto adverso provocado polas vacinas como a xa famosa potenciación da infección dependente de anticorpos ou ADE?

O inexistente caso do fenómeno ADE nas vacinas contra a Covid-19

A resposta a todas estas preguntas é que non. As vacinas funcionaban hai meses, funcionan agora e todo apunta a que seguirán funcionando polo menos nun futuro próximo.

As persoas vacinadas van estar máis protexidas que as non vacinadas e non hai ningún indicio de ADE.

De feito, o que todo isto significa é que estamos a vacinar moito e que sempre hai que ler alén do titular.

Por que din que hai máis hospitalizados vacinados que non vacinados?

O primeiro que temos que ter en conta é que a maioría das persoas hospitalizadas por Covid-19 son persoas que pertencen a grupos de risco, principalmente persoas maiores de 60 anos. De feito, esta é a principal razón pola que estes grupos son precisamente os primeiros en recibir as distintas vacinas.

Por tanto, no momento actual atopámonos co escenario no que a maioría destas persoas en grupos de risco están xa completamente vacinadas.

Tendo en conta isto, e para explicar que ocorre, imos usar un simple modelo con números hipotéticos para facilitar as cousas.

Imaxinemos un país con 36 persoas pertencentes a grupos risco onde o 91% destas persoas recibiu as dúas doses da vacina e o 9% non se vacinou.

En azul vemos ás persoas vacinadas, e en vermello aos non vacinados:

Pasa o tempo e vemos que no grupo dos vacinados 5 persoas infectáronse requirindo hospitalización e no grupo de non vacinados isto só ocorre en 2 persoas. Xa temos o titular: O 71 % dos hospitalizados por Covid-19 son persoas vacinadas!

Aínda que o que di o titular é certo, a información é incompleta e pode xerar moita confusión se non se saben interpretar os datos que nos ofrece. Se miramos os números con ollo crítico e tendo en conta a proporción de vacinados e non vacinados veremos que a realidade é moi diferente.

Neste caso vemos que o 15% das persoas vacinadas requiriu hospitalización e esta porcentaxe sobe dramaticamente ata o 66% en persoas non vacinadas.

Se facemos os cálculos vendo o número de vacinados e non vacinados dentro do mesmo grupo de risco veremos que o titular é moi diferente. Neste caso sería máis correcto dicir que as vacinas diminúen a probabilidade de hospitalización por Covid-19 nun 77%.

Isto realmente non é algo que nos vaia coller por sorpresa. Ao contrario, é o esperable cando a maioría da poboación de risco está vacinada. Só hai que pensar que se o 100% da poboación estivese vacinada, o 100% das hospitalizacións sería de persoas vacinadas.

O 100% de poboación vacinada non se vai a alcanzar nunca porque hai persoas que por diversas razóns non poden vacinarse e outras (afortunadamente unha minoría) que simplemente prefiren non facelo.

Con todo, aínda que non vaia a ser do 100%, si que se espera unha cobertura de vacinación bastante alta (polo menos en adultos). Na seguinte imaxe podemos ver a porcentaxe de poboación completamente vacinada en distintos países:

Por que hai xente que se infecta tras recibir a vacina?

Isto ocorre principalmente porque ningunha vacina ten unha efectividade do 100%. Se se administran millóns e millóns de vacinas, o esperable é que nalgúns casos a protección non sexa a adecuada e a persoa poida desenvolver formas graves da enfermidade e mesmo falecer. O interesante aquí é saber que este número sería considerablemente maior se non tuvieramos vacinas.

Na seguinte imaxe podemos ver o número de doses das diferentes vacinas administradas no mundo. No que levamos de pandemia administráronse máis de 3.500 millóns de doses:

Ademais isto é algo que xa se describiu usando diferentes modelos. Aquí temos o exemplo dun modelo realizado en Reino Unido onde se estima que no verán o 70% das hospitalizacións e mortes serán persoas que recibiron dúas doses da vacina.

Por tanto e resumindo, sempre é importante non quedar simplemente no titular e ler a noticia e a información completa antes de sacar conclusións.


* José Manuel Jiménez Guardeño e Ana María Ortega Prieto son investigadores no departamento de Enfermidades Infecciosas do King’s College de Londres.

Cláusula de divulgación: as persoas asinantes non son asalariadas, nin consultores, nin posúen accións, nin reciben financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo e declararon carecer de vínculos relevantes alén do cargo académico citado.

1 comentario

  1. La estadística sirve para hacer que unos números bien elegidos justifiquen un hecho en el sentido en que más convenga (palabras de una persona cercana a mi que se dedica profesionalmente a elaborar estadísticas en biología).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O valor da amabilidade ou por que os lobos teñen problemas de extinción e os cans, non

A prosociabilidade evolutiva decisiva para cans e humanos. Por Jonathan Benito Sipos

Tres claves para coidar a microbiota… e durmir mellor

Reducir o estrés non só beneficia a nosa saúde mental, senón a nosa microbiota e a calidade do noso descanso. Por Sara Uceda Gutiérrez e Manuel Reiriz Rojas

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

O océano está cheo de oíntes… e a maioría escoita mellor ca nós

O son viaxa aproximadamente 4,5 veces máis rápido en auga de mar que no aire. Por Antonio Figueras