Venres 6 Decembro 2024

Oito razóns para demostrar que a chegada á Lúa non foi unha montaxe

*Un artigo de 

Nuns días cúmprense 50 anos desde a magnificente chegada á Lúa do Apolo 11. Pero moita xente segue crendo que aquilo non aconteceu realmente. As teorías da conspiración sobre o evento que se remontan aos anos setenta son, de feito, máis populares ca nunca. Unha teoría común é que o director de cine Stanley Kubrick axudou á NASA a falsear as imaxes históricas das súas seis exitosas chegadas á Lúa.

Publicidade

Pero sería realmente posible facelo coa tecnoloxía dispoñible nese momento? Non son un experto en viaxes espaciais, un enxeñeiro ou un científico. Eu son un cineasta e profesor de posprodución cinematográfica e, aínda que non podo explicar como chegamos á Lúa en 1969, podo dicir con bastante certeza que o material sería imposible de falsificar.

Aquí tes algunhas das crenzas e preguntas máis comúns sobre a chegada á Lúa, e a explicación de por que non se sosteñen:

Publicidade

“A chegada á Lúa foi filmada nun estudo de televisión”

Hai dúas formas diferentes de capturar imaxes en movemento. Unha delas son os filmes, fitas de material fotográfico sobre as que se expón unha serie de imaxes. Outro é o vídeo, que é un método electrónico de gravación en varios medios, como a cinta magnética en movemento. Co vídeo, tamén se pode transmitir a un receptor de televisión. Unha película de filmes estándar rexistra imaxes a 24 fotogramas por segundo, mentres que a televisión retransmitida normalmente é de 25 ou 30 fotogramas, dependendo da zona do mundo.

Se seguimos coa idea de que a chegada á Lúaa foi gravada nun estudo de televisión, entón esperariamos que fosen 30 imaxes por segundo, o cal era o estándar da televisión da época. Non obstante, sabemos que o vídeo da primeira chegada á Lúa foi gravado a dez fotogramas por segundo en SSTV (Slow Scan television) cunha cámara especial.

O astronauta Edwin 'Buzz' Aldrin camiña pola superficie da Lúa. Foto: Arquivo da NASA.
O astronauta Edwin ‘Buzz’ Aldrin camiña pola superficie da Lúa. Foto: Arquivo da NASA.

“Usaron a cámara especial de Apollo nun estudo e despois ralentizaron as imaxes para que parecera que había menos gravidade”

Algunhas persoas poden afirmar que cando miras ás persoas que se moven a cámara lenta, parecen estar nun ambiente de baixa gravidade. Facer máis lento o filme require máis imaxes do habitual, polo que comeza cunha cámara capaz de capturar máis fotogramas nun segundo que un normal: esta é a chamada sobrecarga. Cando se reproduce coa taxa de fotogramas normal, este material reprodúcese por máis tempo. Se non podes sobrecargar a túa cámara, pero gravas cunha velocidade de fotogramas normal, podes retardar artificialmente as imaxes, pero necesitas un xeito de almacenar os cadros e xerar novos cadros adicionais para diminuílo.

No momento da emisión, as grabadoras de discos magnéticos capaces de almacenar imaxes en cámara lenta só podían capturar 30 segundos en total, para unha reprodución de 90 segundos de vídeo en cámara lenta. Para capturar 143 minutos en cámara lenta, necesitaríase gravar e almacenar 47 minutos de acción en directo. Algo que simplemente non era posible.

“Poderían ter un gravador de almacenamento avanzado para crear imaxes en cámara lenta. Todo o mundo sabe que a NASA vai por diante en canto a tecnoloxía”

Ben, quizais tiveran un gravador ultra secreto de almacenamento extra. Pero case 3.000 veces máis avanzado do que se coñecía para a época? Dubídoo.

“Gravárono nun filme e logo puxérono ao ralentí. Podes ter tantos filmes como queiras para facer isto. E entón despois converteron a película para que se emitira na televisión”

Por fin! Algo lóxico! Pero gravalo nun filme requiriría de máis de dous quilómetros de película. Un típico carrete de película de 35mm – a 24 fotogramas por minuto – ten unha duración de 11 minutos e ten máis de 300 metros de lonxitude. Se aplicamos isto a unha película de 12 fotogramas por segundo (o máis próximo a dez como podemos conseguir coa película estándar) durante 143 minutos (isto é o tempo que dura a gravación do Apollo 11), precisarías seis cilindros e medio.

E despois habería que xuntalos. O empalme dos filmes, a transferencia de negativos e a impresión, ademais dos grans, manchas de po, cabelos, etc. que aparecerían descubrirían inmediatamente a trampa. Pero non hai ningún destes artefactos presentes, o que significa que non foi filmado. Cando se ten en conta que as posteriores aluaxes de Apollo foron gravados a 30 fotogramas por segundo, entón os falsos serían tres veces máis difíciles. Así, con todo, a misión Apollo 11 tería sido a máis fácil en canto á suposta gravación falsa.

Cámara do Apolo 11. Fonte: Arquivo da Nasa.
Cámara do Apolo 11. Fonte: Arquivo da Nasa.

“Pero a bandeira móvese co vento, e non hai vento na lúa. O vento vén claramente dun ventilador no estudo. Ou é que foi filmado no deserto”

Non é certo. Despois de que o mástil da bandeira se pousa na superficie da Lúa, aséntase suavemente e logo xa non se move en absoluto nas imaxes restantes. Ademais, canto vento hai nun estudio de televisión?

Hai vento no deserto, é certo. Pero en xullo, o deserto tamén está moi quente e normalmente poden verse ondas de calor nas imaxes gravadas en lugares quentes. Non hai ondas de calor na metraxe da chegada á Lúa, polo que non se filmou no deserto. E insisto, a bandeira non se move.

“A iluminación da imaxe provén claramente dun foco de luz. As sombras parecen estrañas”

Si, é un foco de luz que está millóns de quilómetros de distancia. Chámase Sol. Abonda con mirar as sombras das imaxes. Se a fonte de luz fose un foco próximo, as sombras procederían dun punto central. Pero como a fonte está tan lonxe, as sombras son paralelas na maioría dos lugares en lugar de diverxer dun único punto. Dito isto, o sol non é a única fonte de iluminación, a luz tamén se reflicte no chan. Dito isto, vese que o Sol non é a única fonte de iluminación, xa que a luz está tamén reflectida polo solo lunar, o que fai que algunhas non aparezan paralelas. Tamén significa que podemos ver obxectos que están na sombra.

“Ben, todos sabemos que Stanley Kubrick filmouno”

Puideron pedir a Stanley Kubrick que falsificara as aluaxes. Pero como era tan perfeccionista, tería insistido en gravalo nunha localización real. E está ben documentado que a Kubrick non lle gustaba voar, de xeito que pechamos o caso neste punto. Seguinte?

“É posible recrear dinosauros a partir de mosquitos tal e como fixeron en Parque Xurásico, pero o goberno mantén o segredo.”

De acordo. Ríndome.


*Howard Berry é xefe de posproducióoon e director do programa MA Film and Television Production na Universidade de Hertfordshire.

Cláusula de divulgación: o autor non recibe salario, nin exerce labores de consultoría, nin posúe accións, nin recibe financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declarou carecer de vínculos relevantes alén do cargo académico citado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA anuncia que haberá mais tormentas xeomagnéticas coa chegada do máximo solar

O cambio de ciclo do Sol, producido cada 11 anos, afecta á frecuencia e intensidade dos distintos fenómenos que acontecen na estrela: de que xeito inflúe isto na Terra?

Como ver dende Galicia a eclipse parcial de lúa desta madrugada?

O fenómeno coincide co satélite na súa fase chea e moi próximo ao perixeo, o cal deixará unha influencia moi notable nas mareas

A NASA xa ten resposta para as sorprendentes “arañas” que cobren a superficie de Marte

Investigadores estadounidense recrean nun laboratorio o proceso que dá lugar ás estrañas formas captadas polos satélites no planeta vermello

A visualización da NASA que alerta do quecemento global: “O peor está por chegar”

A axencia espacial estadounidense advirte que a última década foi a máis cálida dende que hai rexistros